Saltou ó campo o Taragoña co seguinte ofensivo once inicial: Iván na porteria (outra das novidades), cunha defensa de catro formada por Tembra na esquerda, Carro na dereita e Pedro e Penka como centrais. Os encargados de controlar o partido na medular foron a parexa de Imo Chakar e Valentín (partidazo) apoiados por Lepe e o citado Toño nas bandas. Arriba os encargados de poñer os goles foron Moncho e Kasillas.
O partido empezou con moito mediocampismo e sen grandes ocasións, ainda que xa se empezaba a ver que a defensa do Zona Vella ia ser un amigo para os nosos intereses. E nin máis nin menos, nun centro pola dereita o defensa intenta controlar na área pequena regalandolle o balón a Lepe que nunha boa maniobra, e ca perna dereita, materializou o primeiro tanto do Taragoña.
Así chegamos ó descanso do partido, sen maiores incidencias. Na segunda metade entraron no terreo de xogo: Manel, Canarias, Joaquin e Morrillo (Yuli gardouse da choiva).
Nesta segunda metade, as carencias do equipo contrario fixéronse máis palpables todavía e ca velocidade de Canarias e Kasillas crearonse continuos ataques e contraataques cos que o taragoña goleou ó Zona Vella.
A defensa non pasou ningun apuro e o control do balón foi total, Iván pasou inadvertido.
Fruto desta superioridade chegaron os goles de Lepe rememorando a Messi (vai sacrilexio acabo de escribir) nunha xogada embarullada dentro da area zafandose de varios contrarios e batindo de novo ca dereita o cancerbeiro visitante.
Pero o balón firmado polos compañeiros non ía ser para Lepe, senon para kasillas. Quen con outros dous chicharros converteuse no principal protagonista do encontro.
Asi rematou o partido, cunha victoria que permite seguir sendo cuartos na clasificación, algo afastados dos equipos punteiros da categoria.
Saudos dende Lustres.
Impresionante cronica dun descubremento como xornalista. Gran detalle dun partido donde se pode destacar os 3 goles de Kasillas que se volveu a encontrar ca sua mellor virtude(o gol), e que decir dun partido donde o Lepe marca 2 goles vese o poderio defensivo do equipo rival.
ResponderEliminarEsperamos a seguinte partido para poder disfrutar doutra cronica gustosa de leer e ver o ilustrado reportaxe grafico.
P.D A saber cando disfrutaremos doutro partido no que o Toño saia no once inicial.
(poñase a pe de foto o nome do reporteiro grafico)
Non fagades tantos comentarios que me saturades o blog....
ResponderEliminarImpresionante salto de calidade do blog, xa parece cousa seria esta crónica con apoio gráfico, que despliegue de medios, estou anonadado.
ResponderEliminarBueno do partido contra o Zona Vella pouco se pode dicir, era un partido en teoría fácil, contra o último clasificado da competición, un equipo con 11 puntos en 20 xornadas, e nós que estabamos saindo dunha mala racha do final da primeira volta, cunha victoria fronte ó Dodro e un empate con boa imaxe, no dificil campo do Conxo, pero claro esta era a teoría e na práctica o partido había que janalo,e non era a primeira vez( nin será a última) que un equipo "débil" nos causa problemas. Así a primeira parte non foi fácil, anque xa se podía cheirar o que ia pasar no partido, xa que o Zona Vella é un equipo desordenado que pasa absolutamente de todo en defensa,e que en ataque tampouco é que faga excesivo dano, era cuestión de tempo que nos adiantásemos no marcador e unha vez conseguido esto eles sumidos nunha dinámica moi negativa descentraríanse moito máis e a pouco que mantivésemos a concentración defensiva gozaríamos dun partido plácido.
O primeiro gol chegou froito dunha contra na que Alberto recibíu un pase á espalda do lateral esquerdo deles chejou ata liña de fondo e centrou, o centro tentouno despexar un defensa, bastante desafortunadamente deixnadoo morto en área pequena, e Lepe que neste encontro xogou de interior esquerdo conseguiu materializalo como gol. O segundo foi un gol expectacular que Alberto se sacou da nada, unha pelota intranscendente a 30 metros da portería comvertíuno nun golazo que sorprendeu ó porteiro. Nesta primeira parte tivemos algunha ocasión máis sobre todo na persona do Momes que en fixo o que lle pediu o adestrador pisando a área nas accións de ataque para conseguir rematar algún centro e facerse con algunha segunda xogada, e en 2 ocasiós estivo a punto de facer gol.
A segunda parte arrancou con cambios no noso equipo, entraron Morrillo e Canarias por Diego e Toño, que por fin tivo oportunidade de demostrar a súa valia dende o inicio, e que non desentonou para nada, polo que espero que teña máis continuidade no equipo. con estes cambios Valentín adiantou un pouco a súa posición co que gañamos máis presencia en ataque, o propio Valentín mandou un tremendo misil dende 30 metros no inicio desta sejunda parte que o porteiro do Zona Vella parou sin saber moi ben como. o partido avanzou e Casillas e Lepe completaron o resulta do con 2 novos goles do primeiro e 1 do segundo, a partir de ahí o partido non tivo máis historia, de feito o colexiado ( que afortunadamente pasou Practicamente desapercibido) non concedeu ningún desconto ó tempo regulamentario.
Lecturas que eu saco do partido pois a destacar dende o meu punto de vista o que lle aporta ó equipo o esquema con 4 defensas, que nos permite ter moita máis presenza de xogadores en ataque sen perder seguridade defensiva e non o digo solo por este partido, xa que evidentemente o rival non era de grande entidade, xa que este sistema tamen foi empregado no primeiro tempo en Santiago, fronte ó Conxo penso que con moi bo resultado. En canto ós xogadores do partido en xeral estivo todo o equipo ben, evidentemente destacaron os goleadores Lepe e Casillas, o gol sempre é o quemáis repercusión ten no fúbol, pero todos axudamos, e tamén rendiron a grande nivel outros como Valentín, Toño, ou a defensa en xeral, e incluso homes incorporados dende o banco como Canarias e Morrillo ( Manel e Joaquín non tiveron moto tempo). Así que todos contentos e a pensar xa noutros partidos.
P.D. Haber que festivo nos joden ca xornada que aprazaron plo temporal inexistente deste fin de semana.
Un saúdo a todos compañeiros vémonsos o Venres, bueno se hai adestramento, que ultimamente... debe ser que o adestrador non ns ve moi necesitados de adestramentos ós que só podemos ir os venres