Hola:
Como non fun ver o partido (estoume dando conta que son un mal siareiro) deixo a crónica que fixo kasillas na entrada anterior:
ASI É IMPOSIBLE
Conxo 1 - Taragoña 1
Cando un mira o resultado pode pensar que e o típico partido defensivo do taragoña cun gol de falta de Teaio (moi bo gol por certo), cun taragoña encerrado atrás e que o contrario non foi capaz de chegar a o gol mais que cun gol de corner,como asi foi(esto diria a prensa).
Eso diriao quen non vira o mais que dudosa legalidade dun SEÑOR DE NEGRO, con tres contrataques cortados con foras de xogos inesistentes e moi claros,cun penalti como unha catedral e unhas cantas tarxetas non ensinadas a un rival sorprendido e incapaz de facerlle daño a un gran taragoña que lle plantou cara ao conxo, a o campo, ao SEÑOR DE NEGRO...a to eso a mais.
Tamén quero deixar claro que apesar de to eso o taragoña tivo clarisimas ocasions de gol que un domingo máis non supo materializar.Esto e o problema de toda a temporada. Pero ainda así un remate de Ramon ao poste e contragolpes estragados por Tembra, Adrian, Casillas(por non variar) e Diego non foron suficientes para levar os tres puntos de Santiago, pois pa gañar en Santiago así é imposible. Pode ser casualidade pero esto mesmo nos pasou o ano pasado no mesmo campo e co mesmo equipo. E que ir xogar a santiago e moi complicado........será casualidade?
Por favor non vos cortedes á hora de comentar o partido.
Saudos dende Málaga
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Tamen ai que deixar claro que na segunda mitade o taragoña estivo correndo atras do conxo,asi como 20 minutos(ou mais) sin saber por onde lle caian.e o de negro sin ter culpa
ResponderEliminarEu creo que se Toño xogase 2min en vez de 1,hoxe estariamos falando de outro resultado ben distinto...
ResponderEliminarEu creo que "anónimo"( a saber quen é o tal anónimo este) ten toda a razón, e no inicio da sejunda parte non a viamos. As razóns desta situación foron varias.
ResponderEliminarA primeira razón creo que se debeu a un cambio de sistema onde pasamos dun 4-5-1 con 2 medios centros, e 1 media punta a un 5-3-2. Así tras unha 1ª parte na que non pasamos excesivos apuros (si que o rival tivo aljunhas ocasións) pasamos a unha 2ª na que tiñamos verdadeiras dificultades, esto debeuse a que o esquema da 1ª parte garantíanos unha ocupación máis racional do espazo, aljo fundamental nun campo das características do domingo que é dunhas dimensións superiores ás habituais, tanto ó longo como sobre todo ó ancho, así mantiñamos unha superioridade no centro do campo onde acumulabamos ata 5 homes, este esquema tamén nos permitía controlar o campo en amplitude evitando así os posibles 2 contra 1 en bandas. Sen embargo co esquema da 2ª metade perdemos todo eso, ó ter 2 homes menos no centro do campo e se un dos centrocampistas tiña que sair a banda a botar unha man ó lateral, quedabamos con tan só 2 xogadores para cubrir o centro e a banda contraria, polo que durante moitos minutos sufrimos moito para deter ó Conxo, que ademais votouse con determinación polo partido.
Esta situación cambiou en parte cado o adestrador situou a un dos 2 dianteiros a botar unha man na banda esquerda do centro do campo co que conseguimos controlar o partido un pouco máis en defensa.
O feito de que o Conxo se volcase en ataque, acumulando xogadores arriba, permitiunos xerar grandes ocasións en ataque xa que tras a recuperacións de balón atopabamos que o Conxo tiña moitos xogadores incorporados ó ataque e a defensa situada no centro do campo, vamos unha autentica autopista, polo que foi unha lastima que non conseguisemos marcar.
A sensación coa que quedamos ó fin do partido foi de que perdemos unha boa opción de consejir unha victoria no aeroporto de Conxo.
Outra vez será.
P.D. Unha lastima que non xojase o meu colega Rocha jeje
Tou dacordo cos comentarios ta claro que na segunda parte o targoña estubo correndo detras do balon, pero taven cabe decir que ese dominio do balon por parte do conxo non se veu reflexado en ocasions xa que a maioria dos seus atacas eran pases que a defensa nosa despesaba sen pasar moitos apuros polo que salianos a contra con moita facilidade creando moitas ocasions e moi clara.Do arbitro so vou decir que marcou un criteri desde o comenzo e sigueu ata o final,pudose equivocar pero en liñas xerais para min estubo ben xa que non se lle foi o partido en ningun momento,houbera moitos coma el e menos Eusebios,Rafaeles por nonbrar alguns.
ResponderEliminar