sábado, 3 de enero de 2009

RESACA

Hola:

Despois da derrota dolorosa sufrida en Oleiros o equipo tivo tempo para reflexionar e irse de xoldra.

Tiveron a cea de Navidade, este ano si a altura das circunstancias (gracias a iniciativa e cartos dos xogadores), na de Isolina, a parte das ceas de Noite Boa e Fin de Ano. Co que algún xogador se notou pasado de forma nos últimos entrenos do ano. Ainda que o mister intentou compensalo cunhas sesión intensas de traballo.

Nese último entreno do ano, o entrenador tivo un bo detalle deixandolle unhas botelliñas de champán e algun pasteliño para tomar todos xuntos no vestiario.

Mañán teremos máis noticias sobre a convocatoria e últimas novidades antes do partido do Domingo.

Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario