viernes, 30 de enero de 2009

Triunfo do clamor popular

Hola compañeiros:



O título desta crónica podía ser un calco da do anterior partido xogado na lomba, pero podría parecer que me meto co presidente polas escasas veces que sae o autobús de Taragoña (ainda estando pago polo axuntamento...) así que por iso decidín este outro que creo é máis importante. O título ven a conto da maior novidade no once inicial presentado por Miguéns, quen cedeu ó clamor popular e doulle minutos, moi merecidos, a este gran xogador e mellor compañeiro: Toño (parece que as peticións do tal anónimo surtiron efecto).


Saltou ó campo o Taragoña co seguinte ofensivo once inicial: Iván na porteria (outra das novidades), cunha defensa de catro formada por Tembra na esquerda, Carro na dereita e Pedro e Penka como centrais. Os encargados de controlar o partido na medular foron a parexa de Imo Chakar e Valentín (partidazo) apoiados por Lepe e o citado Toño nas bandas. Arriba os encargados de poñer os goles foron Moncho e Kasillas.

O partido empezou con moito mediocampismo e sen grandes ocasións, ainda que xa se empezaba a ver que a defensa do Zona Vella ia ser un amigo para os nosos intereses. E nin máis nin menos, nun centro pola dereita o defensa intenta controlar na área pequena regalandolle o balón a Lepe que nunha boa maniobra, e ca perna dereita, materializou o primeiro tanto do Taragoña.

Poucos minutos despois nun pase a espalda da defensa, Kasillas deixoulle un agasallo a todolos siareiros (moi poucos por certo) que acudiron a Lomba nesta tarde chuviosa de Domingo, cun precioso e preciso remate de bolea dende 30 metros imparable para o porteiro, golazo en toda regla.

Así chegamos ó descanso do partido, sen maiores incidencias. Na segunda metade entraron no terreo de xogo: Manel, Canarias, Joaquin e Morrillo (Yuli gardouse da choiva).

Nesta segunda metade, as carencias do equipo contrario fixéronse máis palpables todavía e ca velocidade de Canarias e Kasillas crearonse continuos ataques e contraataques cos que o taragoña goleou ó Zona Vella.



A defensa non pasou ningun apuro e o control do balón foi total, Iván pasou inadvertido.


Fruto desta superioridade chegaron os goles de Lepe rememorando a Messi (vai sacrilexio acabo de escribir) nunha xogada embarullada dentro da area zafandose de varios contrarios e batindo de novo ca dereita o cancerbeiro visitante.

Pero o balón firmado polos compañeiros non ía ser para Lepe, senon para kasillas. Quen con outros dous chicharros converteuse no principal protagonista do encontro.




Asi rematou o partido, cunha victoria que permite seguir sendo cuartos na clasificación, algo afastados dos equipos punteiros da categoria.

Saudos dende Lustres.

3 comentarios:

  1. Impresionante cronica dun descubremento como xornalista. Gran detalle dun partido donde se pode destacar os 3 goles de Kasillas que se volveu a encontrar ca sua mellor virtude(o gol), e que decir dun partido donde o Lepe marca 2 goles vese o poderio defensivo do equipo rival.

    Esperamos a seguinte partido para poder disfrutar doutra cronica gustosa de leer e ver o ilustrado reportaxe grafico.

    P.D A saber cando disfrutaremos doutro partido no que o Toño saia no once inicial.
    (poñase a pe de foto o nome do reporteiro grafico)

    ResponderEliminar
  2. Non fagades tantos comentarios que me saturades o blog....

    ResponderEliminar
  3. Impresionante salto de calidade do blog, xa parece cousa seria esta crónica con apoio gráfico, que despliegue de medios, estou anonadado.
    Bueno do partido contra o Zona Vella pouco se pode dicir, era un partido en teoría fácil, contra o último clasificado da competición, un equipo con 11 puntos en 20 xornadas, e nós que estabamos saindo dunha mala racha do final da primeira volta, cunha victoria fronte ó Dodro e un empate con boa imaxe, no dificil campo do Conxo, pero claro esta era a teoría e na práctica o partido había que janalo,e non era a primeira vez( nin será a última) que un equipo "débil" nos causa problemas. Así a primeira parte non foi fácil, anque xa se podía cheirar o que ia pasar no partido, xa que o Zona Vella é un equipo desordenado que pasa absolutamente de todo en defensa,e que en ataque tampouco é que faga excesivo dano, era cuestión de tempo que nos adiantásemos no marcador e unha vez conseguido esto eles sumidos nunha dinámica moi negativa descentraríanse moito máis e a pouco que mantivésemos a concentración defensiva gozaríamos dun partido plácido.
    O primeiro gol chegou froito dunha contra na que Alberto recibíu un pase á espalda do lateral esquerdo deles chejou ata liña de fondo e centrou, o centro tentouno despexar un defensa, bastante desafortunadamente deixnadoo morto en área pequena, e Lepe que neste encontro xogou de interior esquerdo conseguiu materializalo como gol. O segundo foi un gol expectacular que Alberto se sacou da nada, unha pelota intranscendente a 30 metros da portería comvertíuno nun golazo que sorprendeu ó porteiro. Nesta primeira parte tivemos algunha ocasión máis sobre todo na persona do Momes que en fixo o que lle pediu o adestrador pisando a área nas accións de ataque para conseguir rematar algún centro e facerse con algunha segunda xogada, e en 2 ocasiós estivo a punto de facer gol.
    A segunda parte arrancou con cambios no noso equipo, entraron Morrillo e Canarias por Diego e Toño, que por fin tivo oportunidade de demostrar a súa valia dende o inicio, e que non desentonou para nada, polo que espero que teña máis continuidade no equipo. con estes cambios Valentín adiantou un pouco a súa posición co que gañamos máis presencia en ataque, o propio Valentín mandou un tremendo misil dende 30 metros no inicio desta sejunda parte que o porteiro do Zona Vella parou sin saber moi ben como. o partido avanzou e Casillas e Lepe completaron o resulta do con 2 novos goles do primeiro e 1 do segundo, a partir de ahí o partido non tivo máis historia, de feito o colexiado ( que afortunadamente pasou Practicamente desapercibido) non concedeu ningún desconto ó tempo regulamentario.
    Lecturas que eu saco do partido pois a destacar dende o meu punto de vista o que lle aporta ó equipo o esquema con 4 defensas, que nos permite ter moita máis presenza de xogadores en ataque sen perder seguridade defensiva e non o digo solo por este partido, xa que evidentemente o rival non era de grande entidade, xa que este sistema tamen foi empregado no primeiro tempo en Santiago, fronte ó Conxo penso que con moi bo resultado. En canto ós xogadores do partido en xeral estivo todo o equipo ben, evidentemente destacaron os goleadores Lepe e Casillas, o gol sempre é o quemáis repercusión ten no fúbol, pero todos axudamos, e tamén rendiron a grande nivel outros como Valentín, Toño, ou a defensa en xeral, e incluso homes incorporados dende o banco como Canarias e Morrillo ( Manel e Joaquín non tiveron moto tempo). Así que todos contentos e a pensar xa noutros partidos.
    P.D. Haber que festivo nos joden ca xornada que aprazaron plo temporal inexistente deste fin de semana.

    Un saúdo a todos compañeiros vémonsos o Venres, bueno se hai adestramento, que ultimamente... debe ser que o adestrador non ns ve moi necesitados de adestramentos ós que só podemos ir os venres

    ResponderEliminar