sábado, 23 de mayo de 2009
Esfumouse o soño de cuartos
Cayó el Taragoña en Lamela (1-2). El partido llegó a la prórroga, pero se paró definitivamente en la primera parte del tiempo añadido. Alberto adelantó a los taragoñeses (min 15) y los locales nivelaron a los 30. Al inicio de la prórroga vino el 2-1, pero ya los visitantes jugaban sin los expulsados Alberto (min 70) y Ramón (75). Después se lesionaron tres jugadores y el árbitro paró el juego.
jueves, 7 de mayo de 2009
Xa estamos en oitavos
Chegaba a copa do Sar á Lomba, un equipo descoñecido de terceira rexional viña para disputar o pase á seguinte ronda a Taragoña, o Deixebre.
Empezou o encontro bastante soso e descafeinado, costoulle ó equipo entrar no partido, e parecía unha desas tardes nas que non estamos moi espabilados. O rival pronto amosou que non ía provocar moito perigo na nosa portería (defendida por Iván).
Logo se realizou un cambio de estratexía e restructuración de xogadores para pasar a xogar con Teaio (medio lateral medio interior, ainda non sei decir agora de que xogaba) Carro, Manel, Penka e Tembra na retagarda. David, Lepe como pivotes. Canarias a unha banda e Kasillas na media punta. Ita so arriba.
Asi discurreu toda a primeira parte, sen moito que salientar.
A arenga do mister no vestiario debeu causar efecto, pois ó minuto de sair dos vestiarios, Ita dispara despois de pelexar ben co central e o rechace do porteiro aprobeitao Berto para adiantar ó Taragoña no marcador e parecía por aquel entonces sentenzar a eliminatoria.
Pero cando xa o partido expiraba nun corner, un balón morto na área e o central cun bo lanzamento raso subía o empate ó marcador.
O cansanzo facíase latente nos nosos xogadores, o partido de Puebla estaba pasando factura, tamén a ausencia de pezas clave. Entraran nesta segunda parte Toño, Joaquín, Emilio e entraría Yuli de dianteiro nesta prórroga antes os numerosos calambres de Kasillas.
Unha boa presión de este último cambio propicio o roubo cerquiña da área, e nunha xogada maxistral de Lepe, zafandose dun contrario e batindo ó gardameta cun tiro cruzado co exterior. Outra vez parecía sentenciada a eliminatoria. Pero outra vez subiu ó central a tarefas ofensivas, e nun balón longo, unha prolongación e entrada de segunda liña (moi parecida á expulsión de Abidal) a xogada máis mítica e fácil de facer. Control dentro da área e nin Lepe nin Iván poden facer nada para evitar o gol.
O partido ía máis alá, e chegaba ós penaltis. Estes ía amosar todo o que fora o partido: un despropósito total e absoluto. Xa nin recordo cantos penaltis se fallaron, pero o rival tivo a ocasión de gañar duas veces, pero votou fora os tres últimos e o Taragoña pasou de ronda.
Ánimo e chegar o máis lonxe posible.
Crocha 2 - 3 Taragoña
Ante as baixas polo puente, o once titular foi o seguinte:
Iván
Teaio Carro Penka Manel Tembra
David
Canarias Lepe
Kasillas Ita
Adiantabase o Taragoña transcurridos poucos minutos dende o pitido inicial cun gol de Kasillas (como non) elevando o balón por riba do porteiro dun pase largo de Iván que o central local non acertou a depexar.
Pouco tempo tardou en reaccionar o Crocha que nunha xogada embarullada logrou empatar o encontro momentaneamente. Pouco lle duraría a alegría xa que nunha xogada de Ita con centro a Canarias, o defensa derriba a este dentro da área e o colexiado sinala a pena máxima, transformada por Kasillas dun disparo raso á basedo pau.
Colleríamos máis ventaxa cando Penka remata ó fondo das maias un corner votado por Lepe. O remate foi co pe case na area pequena....
Tamén dou tempo a ver como unha boa xogada de Canarias pola banda dereita foi desperdiciada por Ita cun ramte moi floxo ca perna mala.
A segunda parte comezou case sin intesidade dado que ambos equipos non sexogaban nada, o partido parecía abocado a deixar pasar o tempo ata o seu final. Pero o arbitro tomou protagonismo expulsando a Teaio con Vermella directa (si, outra vez) por propinar unha patada a un contrario cando o balón xa andaba por Corcubión...
O Crocha veuse arriba ante a superioridade numérica e creou varias ocasións, unha moi clara desvaratada cun paradón por parte de Iván nun remate a bocaxarro que finalmente foi dar ó longueiro da portería. O Taragoña puido haber sentenciado nun par de máns a máns co porteiro, nos que tanto Ita como Kasillas non superon definir, un cun intento de baselina que dou no longueiro e outro cun intento de regatear ó porteiro que non fructificou. O propio Kasillas tivo outra ocasión clara nun cnetro de Lepe que se perdeu nun intento de remate un tanto raro.
O que perdona acaba perdendo, di unha das máximas do fútbol e estivo a punto de suceder, porque nun corner (concedido ante a falta de comunicación dos xogadores por parte de Tembra) Angel (excompañeiro meu no Boiro) rematou co pe ó fondo das maias nun calco ó gol de Penka.
Non houbo máis sobresaltos e o derradeiro encontro da tempada rematou con outra victoria que a falta de saber o resultado do Cordeiro deixanos con posibilidades de acadar a cuarta posición.
Agora toca facer balance da tempada e afrontar outra máis con máis expectativas qeu esta espero, despois xa se verá o que sucede e o tempo porá as aspiracións no seu lugar, pero de inicio estas terán que ser maiores.
Saudos,e sorte para a copa.
Non quería deixar de felicitarvos a todos(Miguens tamén vai por ti) pola vosa moi boa campaña.
lunes, 27 de abril de 2009
Revancha acadada
Acercase o final de Liga, e o noso equipo xa non se xoga nada máis que a honra (que é bastante), asi que deberiamos xogar con tranquilidade e sen nervos.
Visitaba A Lomba o Oleiros, co precedente do partido de ida, sabíamos que non ía ser un partido máis, porque había no vestiario gañas de revancha.
E así foi, un partido moi disputado e con moita entrega polos dous equipos. Igual non foi un partido vistoso (para nada) pero tivo emoción.
Yuli na portería, unha defensa formada por Teaio, Carro, Penka, Manel, Tembra. Na medular entraron Valentín, Moncho, Lepe e na dianteira estaban Kasillas e Ita. Estos foron os once encargados de sacar o partido adiante.
A primeira parte, a verdade, non foi un homenaxe ó bo fútbol nin moito menos. Puidemos ver como nun gran despiste demos un gol en bandexa ó Oleiros, e o Percebeiro non desperdiciou a ocasión facendo subir o tanto ó marcador.
Non tiña pinta de que puideramos sacar este partido adiante, pero nunha xogada individual maxistral por parte de Ita, na que regateou ata tres contrarios chegando á liña de fondo e dando o pase da morte a Kasillas, que sempre esta ahí (como Raúl
Despois do descanso o partido non millorou e sigueu polos mesmos cauces, ata que nun remate á saída dun corner, Berto peinou o balón, Penka desviouno un pouco, o porteiro intentou atallar e manter o balón fora da portería pero o árbitro concedeu o gol que nos daba a victoria momentanea. Nese momento na grada instaurouse a duda, pois a visión non era boa, e según a miña posición, apostaría que non entrara o balón e que fose falta de Penka ó porteiro por darlle ó esférico cando este tiña a mán sobre él.
O seguinte sobresalto foi cando, despois dunha falta Teaio encarouse cun contrario, este escupiulle e Teaio reaccionou, co que foi expulsado o ter xa unha amarilla de antes. Proseguiron insultos co que podemos perder a un dos xogadores máis en forma do equipo para a copa, unha pena.
Finalmente nun pase longo dende a defensa, Berto (posiblemente en fora de xogo) peina ou estorba ó defensa, co que o balón cae franco para a entrada en velocidade de Canarias (que entrou nesta segunda parte como Toño, Emilio, Xaquin, Iván de xogador de campo) que despois de moitas duda vate de disparo raso ante a saida do porteiro.
Asi chegou ó final do partido cunha victoria non moi lucida pero merecida e que server para seguir pensando no carto posto da clasificación.
Noraboa rapaces.
miércoles, 22 de abril de 2009
E chegou a derrota...
El Taragoña cayó en el feudo del Belvís (1-0) en un partido en el que los de Joaquín Miguens apenas inquietaron al guardameta local, salvo un par de acciones puntuales de Alberto al final del encuentro.
Taragoña: Iván, Toño, Manel, Penca, Lepe, Valentín, Teaio, Diego, Tembra, Alberto e Ita. También jugaron David, Yuli, Joaquín, Emilio y Ramón.
Taragoña 0-0 Cidade de Santiago
Un empate con sabor a vitoria
onte conseguimos ontre empate na casa, e xa van uns poucos, pero esto foi un empate con sabor a vitoria polo partido tan serio que fixemos, contra quen o fixemos e por ultimo polo xogo que fixemos.O equipo saltava o campo con Yuly e catro homes atras que eran Carro e lepe nos laterais con Penka e Manel como centrais por diante del Valentin acompaqñado no medio por ramon e Chakar e Teaio e Joaquin nas bandas e Arriba Ita,tamen xogaron Toño,Canarias,David. Opartido foi moi disputado ena primeira poarte salimos moi metidos nos primeiros 15 minutos e xogamos este tempo no campo do ciudad pero a partir deste momento viñemonos un pouco atras e volvemos a xogar o tipico partido disputado e de balons arriba, e asi chegamos o descando, na segunda parte salimos un pouco durmidos e eles apretaron o comenzo pero so foi eso, porque despois controlamos o partido, con fases de sacar o balon convinado dun lado a outro e pouco inusual en nos e so faltandonos ese ultimo pase pa culminalas xogadas.A nosa porteria en ningun momento correu peligro e nos dispuxemos dunha gran ocasion nas botas de Ramon pa gañalo partido pouco antes de finalizar, asi que nada a seguir que ai que conseguir ese cuarto puesto e quedar invictos na casa(unico equipo que sigue invito nesta temporada)e pas semana a ganar a Belvis.
Tamen salientar a rabitraxe das mellores que vin eswta temporada, deixando xogar en todo momento aplicando leis da ventaxa e sen que se lle escapara o partido en ningun momento.
martes, 7 de abril de 2009
Gran voctoria
Kasillas escribeu:
Bueno para empazaer este foi o once incial:
yuli
Carro Pedro Manel Lepe
Valentin
Teaio Alberto Ramon Juaquin
Ita
O esquema foi este, e os cambios na segunda metade foron os segintes:
1º Ita por Chakar
2ºRamon por Tembra
3ºAlberto por Canarias
4ºJuaquin por Toño
Creo que foron asi os cambios mais ou menos.
Bueno respecto o partido,todos sabiamos que iba a ser moi complicado,porque era un campo que non se nos daba mo ben e no que sempre os partidos foron moi duros.
Pero na miña opinion esta vez non foi pa tanto. Empezamos na miña opinion dominando e chegando a porteria contraria e intentando rematar todalas xogadas con maior ou menor acerto,sen deixar contras o Bastabales,e asi tivemos un par de ocasions na cabeza de Ita que o porteiro detivo ben. Eles por contra nesta primeira parte reclamaron un penalti cometido por Yuli sobre Fernando(non podo dicir se foi ou non porque me colle mo lonxe). O Bastabales levou todo o perigo nesta primeira parte e na segunda tamen en balons colgados a area sobre Fernando,e desde aprobeitar o seu corpo ou en segundas xogadas,creo que a nosa defensa unha vez mais estivo moi ben para secar o Bastables como ben puideron. ASi co cero cero no marcador fomonos o decanso.
Na segunda parte mais do mesmo nos chegando e rematando todo con mallor ou menor acerto,repito,e asi chegaron as mellores acosion que tivemos.
Primeiro nun saque de esquina chegou o noso gol nun moi bo remate de cabeza de Ramon ao saque de esquina,adiantandose ao porteiro deles,moi bo gol.
Despois chegaron mais ocasion que non supimos aprobeitar. Primeiro nun centro desde a banda esquerda que eu remato na area pequena eo porteiro rechaza,o balon caelle a Teaio que fai unha rara chilena e falla e caeme outra vez a min que remato en plancha e como non botoa fora(curiosa xogada non,ante todo rara),despois nun balon ao longeiro que envio eu,e unha moi boa parada do porteiro visitante a tiro de Teaio.
Aqui creo que acabaron as nosas ocasion,porque non fomos quen de collelos nuha contra xa que eles apretaron moito con balons colgados a area que entre a defensa e Yuli fomos quen de kitalos de encima.
Tres puntos que saben a gloria xa que nos permiten seguir ai arriba e deixar ao Bastables a cinco puntos de diferencia. Agora ven o Cidade de Santiago con varias baixas xa confirmadas(Pedro,Alberto) e algunhas por confirmar como a de Morrillo ou algun se se vai de vacacions. Eu como tou moi estresado e son o enchufado boume co creador deste foro a coñecer novos mundos.
Quero facer un ultimo comentario,xa que cando o ai que criticar son o primeiro,cando o ai que alabar tamen o bou a ser. Falar do excelente estado de forma de Teaio,que para min esta sendo un dos mellores ao longo detoda a temporada,lastima que a sua cabeza non vai acorde co seu estado de forma. moi pero que moi boa temporada,si señor.
E Lepe apuntillou:
O partido deste domingo foi un partido dos tipicos entre o Taragoña e Bastavales pero para entendelo mellor entre Guti(entrenador de bastavales) e Mister Miguens, un deses partidos tacticos e disputados que se resolve nunha xogada puntual ou a balon parado,neste partido salimos con este esquema 4-4-2 tan habitual ultimamente pero que neste partido o mister miguens no tiña tan claro sobretodo pola aportacion en punta de fernando no Bastavales, e cos seguintes homes yuli na porteria, carro e lepe nos laterais centrales pedro( o cal perdemos a partires desta xornada por viaxe de estudios)Manel por diante organizando o xogo Valentin con ramon e nas bandas Teaio(outra vez impresionante)e Joaquin e arriba Ita, o partido estubo marcado por esa orden da uqe falabamos pero quizas notouse que ningun dos dous equipos se xogaba nada pero creo que mais o bastavales o cal lle notei certa apatia exceptuando os primeiros 20 minutos nos cal nos achucharon na nosa areas pero eso foi todo xa que a partir deso dominamos o partido non claramento, pero si defensivamente xa que o noso porteiro non tubo que intervir, asi que nada 3 puntiños mais e as seguir, ahora a polo lider.
Gran victoria. Feliz Semá Santa a todos.
Saúdos dende Lustres.
lunes, 30 de marzo de 2009
ORXÍA DE GOLES
Deixovos a crónica que deixou Lepe no foro :
Tranquilamente podíase tratar dun partido de fútbol sala máis ca de fútbol porque, que se de un resultado de 4-5 nun partido de futbol, é algo anecdótico, pero eso foi o que aconteceu onte en Agrón donde o noso equipo, que salía da caseta con este once:
Na portería Iván(intentando asi aproveitar o seu saque nun campo de tan pequenas dimensions)cunha defensa de catro que se empeza a convertir en habitual Carro e Lepe nos laterais e Pedro e Morrillo (este pola lesion de penka) como centrais cun mediocentro como Valentín acompañado nas bandas por Teaio(gran partido e van uns poucos) e Ramón. Nas medias puntas Kasillas e Joaquin (outra novidade) , arriba un sorprendente Ita que fixo un gran partido(a ver se segue asi e non volve as andadas).
O partido foi o que se esperaba un partido de segundas xogadas, e no que salimos moi metidos xa que nos primeiros 15 minutos ibamos 2-0(goles en propia nunha gran xogada colectiva, e outro de falta de Teaio) pero neste campo cada balón é un peligro, e así foi, dúas xogadas e dous goles, e a volver a empezar. Ata que conseguimos poñernos outra vez por diante en dúas xogadas nas que marcarían kasillas (despois dunha gran acción de ita) e posteriormente Ita.
Pero non se acabaría ahí a cousa xa que eles volverían a apretar o partido de lanzamento de falta, lonxe de rendirnos golpeamos outra vez por medio de Kasillas matando o partido, un Kasillas que estaba de cumpleanos e celebrouno con dous chicharros.
O Agrón insisteu ata conseguir o cuarto pero ata ahí chegaría a sua remontada xa que non houbo tempo para máis, así que nada, tres puntos máis, dúas victorias consecutivas e a seguir.
Saúdos dende Lustres
jueves, 26 de marzo de 2009
Crónica oficial
El Taragoña ganó al Velacruz (2-1) en A Lomba, delante de ochenta personas. El cuadro local malgastó numerosas oportunidades, la más destacada un remate al poste de Alberto. Teayo abrió el marcador (min 15) y empataron los visitantes al filo del intermedio (min 40). Ramón selló el 2-1 a los 65.
Saúdos.
lunes, 23 de marzo de 2009
E chegaron os 3 puntos...
Era unha tarde soleada na lomba, nunha semá intensa para o clube con dous partidos (Xoves e Domingo) e despois dunha xeira longa de resultados negativos. Asi que saltou o equipo ó campo con gañas de facelo ben.
O once de partida foi o seguinte:
Yuli debaixo dos paús, unha defensa de catro homes con laterais mixtos, Carro e Lepe (defensivo e ofensivo) e os dous centrais habituais, Pedro e Penka. Morrillo para o medio centro defensivo, despois unha liña de tres con Valentín a esquerda, teaio á dereita e David no medio. Un media punta coma Ramón e o noso dianteiro máis incisivo, kasillas.
Empezou ben o encontro con varias ocasións nas botas do noso dianteiro, donde se veu que a sorte non o ía acompañar en toda a tarde (tranquilo Berto, han de acabar entrando. Ti segue así). Ata que unha boa xogada pola dereita, cun gran pase de Ramón á espalda da defensa foi aprobeitado por Teaio nunha boa acción individual para poñer ó equipo por diante no marcador dun tiro cruzado.
As ocasións seguironse sucedendo e Kasillas pudonos dar maior vantaxe nun par de ocasións, unha adentrandose na área despois de gañarlle ben as costas ó central e tirando alto dende o pico daarea pequena e outra nun remate acrobatico que non foi capaz de dirixir cara á portería.
Pero o que son os caprichos do fútbol, nunha falta inexistente, os nosos xogadores durmense e o rival aprobeita para sacar rápido, adentrandose na área e batindo de tiro raso cruzado a Yuli que non puido facer nada para evitar o tanto do empate.
Seguiron as malas noticias nesta primeira parte cando o noso capitán tivo que ser sustituido por un pinchazo na ingle, entrou no campo Ita.
Destacar desta metade do encontro o bo partido na media punta de Ramón.
Había caras longas no descanso e alguns reproches para o árbitro, pero as palabras do mister foron de ánimo para seguir traballando igual.
E así fixeron os xogadores, o guión foi exactamente igual que na primeira metade. O Taragoña creando e creando ocasións (malgastandoas todas) e o Velacruz sen ver a porteria contraria nin de cerca.
A segunda parte sirveu para ver como recuperamos para esto do futbol a Ita, que destacou notablemente con un par de internadas por banda esquerda servindo o balón para que rematará Berto, unha vez ó paú e outra repelida polo porteiro. Tamén fixo un gran traballo aguantando o balón de espaldas e tocando de cara, así vironse un par de bonitas xogadas.
Tanto foi o cantaro á fonte que acabou rompendo, non foi da forma máis preciosista (nun rechace dun tiro dende a frontal), pero sirveu para que Ramón nos dera os tres puntos tan ansiados.
Ainda houbo tempo para que kasillas e Tembra erraran un par de ocasións moi claras.
Non quixera deixar de salientar a gran labor da nosa defensa neste partido, donde cunha liña de catro e ante uns moi bos dianteiros anularon totalmente calquer ocasión de perigo. So o lunar da falta de concentración no saque da falta do gol contrario.
PD: quedoume a cámara na casa, asi que esta semá non temos reportaxe gráfico. Acordádevos de pasar polo foro, que tivo algún que outro cambio gráfico, e deixar a vosa opinión.
Saúdos dende Lustres.
viernes, 20 de marzo de 2009
VOLVEN OS EMPATES
Porto do Son 0-0 Taragoña
Neste día do pai (saúdos panis) o taragoña desplazouse ata Porto do Son para disputar este partido aplazado polo "temporal".
Non estiven presente no partido, so podo decir que o equipo puido traerse un resultado mellor de non interpoñerse os paus, por tres veces, no camiño do balón cara o gol. Esos 20 minutos bos do equipo reportaron esas ocasións, pero despois voltou ó dos últimos encontros.
Outra vez a convocatoria quedouse en 15 xogadores, e dous deles non entraron a participar nin un so minuto, a parte de Iván...¿replesarias polo 5-0?
Por sacar algo positivo do partido (aparte do punto acadado), diremos que polo menos os xogadores borraron a mala imaxe da semá pasada e volveuse quedar a portería a cero, espero que esto lle sirva para gañara confianza e voltar pola senda da victoria, que xa vai tocando darlle unha alegria ós afeccionados.
Domingo volvemos xogar na Lomba, despois de dous partidos fora, contra o Velacruz. O partido debía servir para reencontrarse ca victoria e cas boas sensacións.
PD: dende aqui, animo á nosa aficción a participar neste blog e no foro, xa que eles son os que disfrutan, e a veces sofren, os partidos do noso equipo.
Saúdos dende Lustres.
miércoles, 18 de marzo de 2009
Crónica oficial
Deixovos a crónica da Voz de Galicia:
Un manita encajó un descentrado Taragoña en Valga frente a un Cordeiro que convirtió todo lo que lanzó entre los tres palos. La primera parte finalizó 2-0.
Saúdos.
lunes, 16 de marzo de 2009
Cordeiro 5-0 Taragoña
Esta semá contratei a Lepe de reporteiro e el trouxome este material, que posteou no foro
http://patapunpariba.foroactivo.net/cronicas-f1/cordeiro-5-0-taragona-15-03-2009-t16.htm
(non vos olvidar de pasar por ali que hai moitas cousas interesante):
Acabouse o empate ¿pero a que precio?
O partido de onte ante o Cordeiro saldouse cunha derrota abultada 5-0 o cal acaba ca nosa racha de empates( que ben nos viña que seguira unha semana mais). Nos saltamos de comenzo con este equipo na porteria Ivan,Toño e Tembra nos laterales tres centrales Pedro,Penka e Carro por diante nos mediocentros Chakar e Morrillo acompañados nas bandas por Kasillas e Ramon e arriba Ita.Os cambios Ita sobre os 20 minutos da primeira parte por Canarias, no descanso Manel por Chakar e posteriormente entrarian tamen David por Pedro e Yuly por Toño.Salientar que solo foron 15 xogadores convocados debido as baixas.
O partido en todo momento foi dominado polo Cordeiro porque nos estubemos fora del en todo momento, debido sobre todo a que non fomos ese equipo ben posicionado sobre o campo, e agresivo que acostumbramos a ser, senon todo o contrario, fomos un equipo moi apatico e blando en todas as parcelas do campo, un claro exemplo e que nin realizamos faltas para paralos,en definitiva foi un deses partidos nos que nos entra a pajara a casi todos e dos que e mellor olvidarse canto antes asi que nada a pensar no proximo e a ganar que xa toca.
Un pouco soso, sen fotos nin nada, pero menos da a Voz de galicia asi que non vos queixedes.
Saúdos dende Lustres.
sábado, 14 de marzo de 2009
"Joder, outro empate"
Esta foi a frase dun siareiro que estaba situado detrás miña na grada cando ía rematar o encontro na Lomba, este Domingo si cunha entrada que dan gañas de volver a sentirse xogador (non é que fose unha maravilla, pero ó que estamos acostumados....).
Cheguei un pouco tarde o campo, pero a tempo para ver entre a porta do fondo Sur como un balón tirado, como non, polo xogador que máis perigo crea no noso equipo ( kasillas) se estreaba no pau da porteria defendida polo Escravitude. Quen me ía a decir a min que sería o máis destacado que ía a ver en toda a tarde...
Votei un vistazo o campo e vin que defendia a nosa portería Yuli (está nun gran estado de forma), como axudantes en defensa estaban Carro e Tembra nos laterais (habituais con defensa de catro) e Pedro e Penca como centrais.
A medular quedou este Domingo cuberta por Morrillo e Valentin no centro e con Lepe e Teaio nos interiores.
Adiante os de sempre Moncho e kasillas.
Despois da ocasión inicial (houbo outra de Penca de cabeza ó pau tamén que eu non cheguei a ver) o partido convirteuse nun toma e daca de patadas e balonazos sen sentido bastante desagradable para o espectador (sinto a quen poida molestar, pero foi así...recordo unha xogada de oito cabezazos seguidos como se fose un partido de tenis donde o balón non tocaba o chán moito tempo)
Ante a ausencia de fútbol, cobrou protagonismo o que nunca debería ser protagonista, o arbitro. Creo que non vín nunca un arbitro tan malo como este, non e que viñera a roubar a un equipo, e que o pobre non sabía máis. Un cumulo de despropósitos que acabou con dous expulsados, Lepe pola banda local (xusta expulsión senón fose pola falta de criterio uns minutos antes ó non expulsar a un visitante por unha man clara alegando que non ía deixar ó equipo con dez por iso) e despois o anteriormente mencionado visitante por unha falta (librouse antes pero de esta era moi descarado o agravio comparativo).
Os cambios introducidos na segunda metade, non lograron cambiar o signo do partido.
Non encontro nada máis salientable que comentar, so que perdemos para o partido deste Domingo a Lepe, Teaio e Valentín...todos eles por sanción. Será un partido duro contra o Cordeiro.
Sorte compañeiros. Saúdos dende Lustres. Non vos olvidedes de pasar polo foro e participar
http://patapunpariba.foroactivo.net/forum.htm
Unha aperta especial a meu tio este donde este.
miércoles, 11 de marzo de 2009
Taragoña 0-0 Esclavitud
La Voz de Galicia comentou o seguinte sobre o partido:
Dos palos y dos expulsados
Taragoña y Escravitude empataron en A Lomba (0-0), con unos 75 espectadores. Alberto (min 15) y Penca (de cabeza) remataron a los palos para los anfitriones. Hubo dos expulsados: el local Lepe (min 75) y un visitante (min 85).
Mañán teredes versión propia.
jueves, 5 de marzo de 2009
AMPLIANDO HORIZONTES
Vendo que este blog esta bastante limitado e non dispoño das ferramentas necesarias para poder facer certas cousas que me apetecen, acabo de crear un foro para que poidades seguir espresando as vosas opinións sobre o C.C.D. Taragoña e moitas cousas máis...
Por eso emplazovos a que vos pasedes por este foro, vos rexistredes e participedes activamente para facer un foro atractivo e divertido.
Este é o novo foro, está en fase de creación ainda, pero para ir poñendo cousas xa nos vale:
http://patapunpariba.foroactivo.net/forum.htm
Por certo, este foro non quere decir que deixe de escribir neste blog que tantas controversias está creando.
Saúdos dende Lustres. Unha aperta especial para o noso entrenador e o noso compañeiro David nestes días difíciles.
miércoles, 4 de marzo de 2009
RESISTENSE OS 3 PUNTOS
Parece que se resiste conseguir os 3 puntos dunha vez. Sumar de 1 en 1 é moi pouco nos tempos que corren. É verdade que esta vez o escenario non era o máis propicio para acadalos.
Abanqueiro-Taragoña (1-1)
Abanqueiro y Taragoña protagonizaron el otro derbi comarcal de esta jornada. También aquí hubo interpretaciones bien dispares de los entrenadores sobre el desarrollo del juego. El anfitrión dijo que su equipo mereció ganar con holgura. El taragoñés habló de intensidad y rivalidad y reivindicó un penalti sobre Alberto. Goles: 0-1, min 55: Alberto, en un contragolpe (los locales pidieron fuera de juego); 1-1, min 85: Vecho. Fue expulsado el visitante Ita (min 60). Unas cien personas en A Charca.
Ahí vos deixo o que comentou A Voz de Galicia sobre o partido. Espero comentarios.
Saudos dende Lustres.
miércoles, 25 de febrero de 2009
Carnaval, Carnaval..
El interés de la jornada estaba en el derbi que libraron el Taragoña y el Lesende en A Lomba (1-1), con poco público. Sin embargo, el choque resultó decepcionante, sobre todo por parte de los propietarios del campo. Sin duda, por entusiasmo e ilusión, los de Lousame merecieron llevarse los tres puntos. Ramón, al cabecear un córner, abrió el marcador un cuarto de hora después de que el lesendista Hugo lanzase fuera un penalti (min 15). A falta de cinco para el final, Robi niveló el partido.

Saúdos dende Oviedo.
lunes, 23 de febrero de 2009
OUTRO EMPATE
Outra tarde de fútbol máis na Lomba, e outra tarde na que os siareiros se van un pouco decepcionados. O equipo segue perdendo oportunidades de arrimarse os equipos punteiros da categoría e quizais empece xa a instalarse na mente dos xogadores a famosa idea do conformismo vendo que a tempada está salvada e a moi remota posibilidade de chegar a facer algo grande.
O once de circunstancias que saltou o campo foi:
Iván na porteria por segundo partido consecutivo, e unha defensa de catro formada por Teaio e Tembra nos laterais e Pedro(mal dado de baixa por min) e Manel como centrais. Xogouse esta vez cun so dianteiro (Ita) e cinco mediocampistas con Ramón un pouco libre, con Lepe e Canarias (que voltaba despois da lesión) nas bandas e Valentín e Chakar no centro.
Como non fun ver o partido, so podo comentar que o gol foi precedido dun córner votado por Teaio e rematado de cabeza por Ramón (si, lestedes ben) ó fondo das maias. O empate tamén veu a balón parado contra o final do partido nun erro defensivo.
Espero que poidades comentar algo máis do encontro.
Saúdos dende Lustres.
sábado, 21 de febrero de 2009
EMPATE A NADA
LAVACOLLA 0 - 0 TARAGOÑA
Saltou o Taragoña ó campo co seguinte once inicial:
Iván na portería (ante a lesión de Yuli), Carro, Penka e Manel de centrales e teaio e Lepe nos laterales. O medio campo quedou encargado para Morrillo, Valentin e Ramón. Arriba a maior novidade (Ita) e o de sempre (kasillas).
Destacaba no banquillo a presencia de chakar (votouse de menos no control do medio campo) e a volta á convocatoria de Toño ante a ausencia na anterior (despois de ser titular).
Esta vez non foi o árbitro nin nada parecido...o partido foi malo, dos peores que vin fai moito tempo. Volveu o equipo o esquema de 5 defensas e so tres medios campistas nun campo que é moi ancho. Está claro que cando se xoga con 4 defensas faise con laterales pouco ofensivos (Carro e Tembra)e cando se xoga con 5 faise con laterales moito máis ofensivos(Teaio e Lepe).
Esto non influiría moito no xogo do equipo se o mesmo fóra capaz de aguantar o balón arriba ata a incorporación dos laterales, esto é moi dificil con pouca xente en medio campo que axuden e den apoios os dianteiros para que den o balón de cara e os laterales tardan en chegar arriba. Esta situación agudizouse nun campo tan ancho. E así foi case imposible crear unha soa ocasión de gol en todo o partido.
E o peor do partido non foi so a mala imaxe, tamén nos deixa unha perdida por sanción para o vindeiro encontro, e non é unha perdida calquera.É a do noso máximo goleador. Tamén habrá outras ausencias destacadas como as do capitán e Pedro en defensa (as que se une Carro por non ir entrenar en toda a semá) deixando a parte de atrás do equipo orfa de titulares.
Perdón por non poñer a crónica antes pero non tiven tempo que estiven nun curso en Madrid e as tardes-noites eran moi ociosas jeje.
Saúdos.
sábado, 14 de febrero de 2009
ENTREVISTA
Aquí vos deixo un perfil (medio entrevista) que a Voz de galicia lle fixo o noso compañeiro Kasillas.
PERFIL
El portero que se reconvirtió en máximo goleador
| ALBERTO LAÍÑO ORDÓÑEZ, «CASILLAS»
Su nombre de pila es Alberto Laíño Ordóñez (1984), pero todos lo conocían como Casillas cuando empezó a dar sus primeros pasos como portero en las categorías menores del Taragoña. El apodo se lo pusieron sus compañeros por dos motivos: en parte por el parecido físico con el meta del Real Madrid, pero también porque era del lugar de A Casilla (O Araño).
Dado que vivía cerca del campo de A Lomba, comenzó en las filas del colectivo infantil taragoñés. Cuando llegó a juvenil, de la mano de su actual entrenador, Joaquín Miguéns, dio el salto al Boiro, con el que jugó en la liga gallega de la categoría.
Pasó después al conjunto sénior, pero acabó desanimado porque Alberto Pajarillo le cerraba el acceso a la portería. Estuvo después un año en blanco. Pero hace tres retomó la actividad «máis que nada porque quería facer deporte e estar cos amigos», explica. Y se enroló de nuevo en las filas del Taragoña, que milita en el grupo cuarto de Segunda Autonómica. Dado que el portal estaba bien guardado, apostó por hacerse delantero.
La pasada temporada estuvo tres meses en la enfermería a causa de una grave lesión. Aunque no disputó muchos encuentros cerró el curso con «oito ou nove, non recordo» goles en su haber. Pero en lo que va de este no solo ha dejado ver sus cualidades goleadoras, sino que se convirtió en el máximo realizador del equipo. «Aínda que non o esperaba, agora levo quince tantos», señaló orgulloso.
Podedes comentar o que quirades...
RECTIFICAR E DE SABIOS
Escribo esta rectificación debido a unha falsa acusación que realicei neste mesmo blog, ó asegurar que o transporte do equipo estaba pagado polo axuntamento, queixándome así de non entender por que non tiñamos autobús en todolos partidos que xogáramos fora da casa. Parece ser que esto non é verdade, e o club corre co gasto do transporte.
Eu non lancei esa acusación así polas boas...fai dous anos acudín a unha asamblea de final de tempada na que se presentaron as contas do clube, e nelas había un apartado no que o club tiña uns ingresos en concepto de subvención por parte do axuntamento por transporte.Dita subvención parece ser que aínda estamos a esperar para poder cobrala...
Eu pensei que esa subvención extenderíase ó longo dos anos. Pero parece ser que non é así.
Se alguen pode aportar algo de luz ó asunto, estaría agradecido.
E por último, deixar claro que o meu afán non é o de criticar por criticar. So expoño as maneiras de actuar que non comprendo ou que non me gustan, e sempre que sexa ca verdade por diante.
Dende aquí presentar as miñas disculpas a Rial por este asunto.
Saudos dende Lustres
jueves, 12 de febrero de 2009
Taragoña 1 - Lampon 1
Deixovos a crónica da Voz:
Intenso, disputado y de enorme desgaste físico cabe definir el derbi que libraron el Taragoña y el Sporting Lampón (1-1) en A Lomba, con 80 personas. De salida tomó la manija el cuadro anfitrión. Pero después las fuerzas se equilibraron. Tras el descanso empujó un poco más el equipo de Escarabote. Los visitantes reclamaron un penalti sobre Álvaro (min 15). Goles: 1-0, min 20: Alberto; 1-1, min 25: Siño. Este salió lesionado en el minuto 85.
Próximos partidos: Abanqueiro-Cordeiro, Lesende-Velacruz, Lavacolla-Taragoña, Sporting Lampón-Bastavales, Porto do Son-Ciudad B y Coxo-Atlético Oleiros.

Saudos dende Lustres.
viernes, 30 de enero de 2009
Triunfo do clamor popular
Saltou ó campo o Taragoña co seguinte ofensivo once inicial: Iván na porteria (outra das novidades), cunha defensa de catro formada por Tembra na esquerda, Carro na dereita e Pedro e Penka como centrais. Os encargados de controlar o partido na medular foron a parexa de Imo Chakar e Valentín (partidazo) apoiados por Lepe e o citado Toño nas bandas. Arriba os encargados de poñer os goles foron Moncho e Kasillas.
O partido empezou con moito mediocampismo e sen grandes ocasións, ainda que xa se empezaba a ver que a defensa do Zona Vella ia ser un amigo para os nosos intereses. E nin máis nin menos, nun centro pola dereita o defensa intenta controlar na área pequena regalandolle o balón a Lepe que nunha boa maniobra, e ca perna dereita, materializou o primeiro tanto do Taragoña.
Así chegamos ó descanso do partido, sen maiores incidencias. Na segunda metade entraron no terreo de xogo: Manel, Canarias, Joaquin e Morrillo (Yuli gardouse da choiva).
Nesta segunda metade, as carencias do equipo contrario fixéronse máis palpables todavía e ca velocidade de Canarias e Kasillas crearonse continuos ataques e contraataques cos que o taragoña goleou ó Zona Vella.
A defensa non pasou ningun apuro e o control do balón foi total, Iván pasou inadvertido.
Fruto desta superioridade chegaron os goles de Lepe rememorando a Messi (vai sacrilexio acabo de escribir) nunha xogada embarullada dentro da area zafandose de varios contrarios e batindo de novo ca dereita o cancerbeiro visitante.
Pero o balón firmado polos compañeiros non ía ser para Lepe, senon para kasillas. Quen con outros dous chicharros converteuse no principal protagonista do encontro.
Asi rematou o partido, cunha victoria que permite seguir sendo cuartos na clasificación, algo afastados dos equipos punteiros da categoria.
Saudos dende Lustres.
miércoles, 28 de enero de 2009
Cronica La Voz de Galicia
Aqui vos deixo a crónica oficial do partido desta sema:
El Taragoña arrolló al Zona Vella en el recinto de A Lomba, con poco público. Un equipo con tan poca pegada como el de Joaquín Miguéns firmó la goleada de la jornada frente a un rival muy vulnerable atrás (5-0). Goles: 1-0, min 35: Lepe, a centro de Alberto; 2-0, min 40: Alberto, desde unos 30 metros; 3-0, min 55: Lepe, en un contragolpe; 4-0, min 60: Alberto; 5-0, min 70: Alberto.
Vaia recadiño nos deixa o amigo periodista...
Como esta sema si que fun ver o partido enteiro, dentro dun anaco deixarei a miña propia crónica (estase xestando nestes intres).
Saudos dende Lustres (por fin).
lunes, 19 de enero de 2009
¿Gañar en Santiago?
Como non fun ver o partido (estoume dando conta que son un mal siareiro) deixo a crónica que fixo kasillas na entrada anterior:
ASI É IMPOSIBLE
Conxo 1 - Taragoña 1
Cando un mira o resultado pode pensar que e o típico partido defensivo do taragoña cun gol de falta de Teaio (moi bo gol por certo), cun taragoña encerrado atrás e que o contrario non foi capaz de chegar a o gol mais que cun gol de corner,como asi foi(esto diria a prensa).
Eso diriao quen non vira o mais que dudosa legalidade dun SEÑOR DE NEGRO, con tres contrataques cortados con foras de xogos inesistentes e moi claros,cun penalti como unha catedral e unhas cantas tarxetas non ensinadas a un rival sorprendido e incapaz de facerlle daño a un gran taragoña que lle plantou cara ao conxo, a o campo, ao SEÑOR DE NEGRO...a to eso a mais.
Tamén quero deixar claro que apesar de to eso o taragoña tivo clarisimas ocasions de gol que un domingo máis non supo materializar.Esto e o problema de toda a temporada. Pero ainda así un remate de Ramon ao poste e contragolpes estragados por Tembra, Adrian, Casillas(por non variar) e Diego non foron suficientes para levar os tres puntos de Santiago, pois pa gañar en Santiago así é imposible. Pode ser casualidade pero esto mesmo nos pasou o ano pasado no mesmo campo e co mesmo equipo. E que ir xogar a santiago e moi complicado........será casualidade?
Por favor non vos cortedes á hora de comentar o partido.
Saudos dende Málaga
miércoles, 14 de enero de 2009
Crónica oficial
Adrián (min 25), David (min 60) y Alberto (min 65) firmaron el cómodo triunfo del Taragoña frente al Dodro en A Lomba, ante poco público. Los visitantes llegaron con 12 jugadores.
Próximos partidos: Agrón-Lesende, Lavacolla-Abanqueiro, Lampón-Escravitude, Porto do Son-Cordeiro, Conxo-Taragoña y Atlético Oleiros-Belvís.
Un pouco escueto...
Dificil saida a Santiago para a sema que ven. A ver como se portan os pupilos de Miguéns.
martes, 13 de enero de 2009
Sen baixar do autobús
O titulo dio todo sobre o partido desta fin de demá fronte ó Dodro. Non e que fora un partidazo, pero non fixo falta mais para endosar un 3-0 claro.
Os goles marcaronnos Canarias, David (si, lestedes ben, e de cabeza bombeado) e o que nunca falta á sua cita co gol, Alberto.
Solo podo falar da segunda mitade, pero o Dodro non creou nin un so acercamento á meta defendida por Yuli, que foi un mero espectador máis.
En canto ó Taragoña, salientar o gol de cabeza de David dun centro provinte da dereita. O remate non foi digno de Santillana pero o balón entrou que e o que importa, eso si, ca colaboración inestimable do porteiro do Dodro.
O gol da sentenza foi un tipico gol do Taragoña, un pase longo a espalda da defensa e suficiente para que Alberto gañe en velocidade a esta, aguante ata cehgar fronte o porteiro, e defina por baixo.
Non existeu máis partido, asi que unha victoria moi necesaria para o ánimo do equipo, a ver se volve pola senda da victoria e encadea unha xeira positiva que faga arrimarse outra vez á cabeza da clasificación.
Espero que comentedes algo máis sobre a primeira parte, e mañán intentarei poñer a crónica da Voz de Galicia.
Saudos dende Asturias.
miércoles, 7 de enero de 2009
Primeiro decir que, ante a gripe que collín nuns dos poucos días libres qeu teño ó ano, non puiden ir ver o partido de esta sema fronte ó Crocha.
Ante isto, aqui vos poño a crónica do partido por parte da Voz de Galicia:
En cambio, en A Lomba, con un centenar de aficionados, Taragoña y Crocha fueron incapaces de romper el 0-0 inicial. En un choque de mucha lucha y pelea por ambos lados, los taragoñeses entienden que tuvieron mejores ocasiones que los de A Pobra, que, a su vez, señalaron que hubo un par de oportunidades para cada uno de los contendientes. Fue expulsado el anfitrión Carro (min 80). Los propietarios del terreno de juego también destacaron que el árbitro les anuló un gol.
Isto intentareino facer todalas semás para poder comparar ca nosa propia crónica.
Espero que algún xogador pase por aqui e comente un pouco máis o partido en profundidade. Parece ser que foi un tipico partido de loita no medio campo, no que o señor colexiado quixo ter todo o protagonismo.
PD: ¿¿¿¿ expulsado Carro ??? como cambia o mundo...
sábado, 3 de enero de 2009
RESACA
Despois da derrota dolorosa sufrida en Oleiros o equipo tivo tempo para reflexionar e irse de xoldra.
Tiveron a cea de Navidade, este ano si a altura das circunstancias (gracias a iniciativa e cartos dos xogadores), na de Isolina, a parte das ceas de Noite Boa e Fin de Ano. Co que algún xogador se notou pasado de forma nos últimos entrenos do ano. Ainda que o mister intentou compensalo cunhas sesión intensas de traballo.
Nese último entreno do ano, o entrenador tivo un bo detalle deixandolle unhas botelliñas de champán e algun pasteliño para tomar todos xuntos no vestiario.
Mañán teremos máis noticias sobre a convocatoria e últimas novidades antes do partido do Domingo.
Saúdos.
Presentación
Imos contar un pouco o que se pretende con este blog. A idea e seguir a actualidade do equipo de fútbol C.C.D. Taragoña, non pretendo so contar as crónicas e noticias que poida xerar o clube. Pretendo ter comentarios e debates cos xogadores e aficcionados a esta escuadra.
O título do blog ven dado pola fama que ten o clube en toda a comarca, algunhas veces inxusta e dada xa por inercia, incluso polos propios medios de comunicación, e outras veces digamos que gañada a pulso.
Espero que vos guste e participedes activamente.
Saudos.
