Ante as baixas polo puente, o once titular foi o seguinte:
Iván
Teaio Carro Penka Manel Tembra
David
Canarias Lepe
Kasillas Ita
Adiantabase o Taragoña transcurridos poucos minutos dende o pitido inicial cun gol de Kasillas (como non) elevando o balón por riba do porteiro dun pase largo de Iván que o central local non acertou a depexar.
Pouco tempo tardou en reaccionar o Crocha que nunha xogada embarullada logrou empatar o encontro momentaneamente. Pouco lle duraría a alegría xa que nunha xogada de Ita con centro a Canarias, o defensa derriba a este dentro da área e o colexiado sinala a pena máxima, transformada por Kasillas dun disparo raso á basedo pau.
Colleríamos máis ventaxa cando Penka remata ó fondo das maias un corner votado por Lepe. O remate foi co pe case na area pequena....
Tamén dou tempo a ver como unha boa xogada de Canarias pola banda dereita foi desperdiciada por Ita cun ramte moi floxo ca perna mala.
A segunda parte comezou case sin intesidade dado que ambos equipos non sexogaban nada, o partido parecía abocado a deixar pasar o tempo ata o seu final. Pero o arbitro tomou protagonismo expulsando a Teaio con Vermella directa (si, outra vez) por propinar unha patada a un contrario cando o balón xa andaba por Corcubión...
O Crocha veuse arriba ante a superioridade numérica e creou varias ocasións, unha moi clara desvaratada cun paradón por parte de Iván nun remate a bocaxarro que finalmente foi dar ó longueiro da portería. O Taragoña puido haber sentenciado nun par de máns a máns co porteiro, nos que tanto Ita como Kasillas non superon definir, un cun intento de baselina que dou no longueiro e outro cun intento de regatear ó porteiro que non fructificou. O propio Kasillas tivo outra ocasión clara nun cnetro de Lepe que se perdeu nun intento de remate un tanto raro.
O que perdona acaba perdendo, di unha das máximas do fútbol e estivo a punto de suceder, porque nun corner (concedido ante a falta de comunicación dos xogadores por parte de Tembra) Angel (excompañeiro meu no Boiro) rematou co pe ó fondo das maias nun calco ó gol de Penka.
Non houbo máis sobresaltos e o derradeiro encontro da tempada rematou con outra victoria que a falta de saber o resultado do Cordeiro deixanos con posibilidades de acadar a cuarta posición.
Agora toca facer balance da tempada e afrontar outra máis con máis expectativas qeu esta espero, despois xa se verá o que sucede e o tempo porá as aspiracións no seu lugar, pero de inicio estas terán que ser maiores.
Saudos,e sorte para a copa.
Non quería deixar de felicitarvos a todos(Miguens tamén vai por ti) pola vosa moi boa campaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario