jueves, 7 de mayo de 2009

Xa estamos en oitavos

TARAGOÑA 2-2 DEIXEBRE


Chegaba a copa do Sar á Lomba, un equipo descoñecido de terceira rexional viña para disputar o pase á seguinte ronda a Taragoña, o Deixebre.

Empezou o encontro bastante soso e descafeinado, costoulle ó equipo entrar no partido, e parecía unha desas tardes nas que non estamos moi espabilados. O rival pronto amosou que non ía provocar moito perigo na nosa portería (defendida por Iván).

Logo se realizou un cambio de estratexía e restructuración de xogadores para pasar a xogar con Teaio (medio lateral medio interior, ainda non sei decir agora de que xogaba) Carro, Manel, Penka e Tembra na retagarda. David, Lepe como pivotes. Canarias a unha banda e Kasillas na media punta. Ita so arriba.

Asi discurreu toda a primeira parte, sen moito que salientar.

A arenga do mister no vestiario debeu causar efecto, pois ó minuto de sair dos vestiarios, Ita dispara despois de pelexar ben co central e o rechace do porteiro aprobeitao Berto para adiantar ó Taragoña no marcador e parecía por aquel entonces sentenzar a eliminatoria.

Pero cando xa o partido expiraba nun corner, un balón morto na área e o central cun bo lanzamento raso subía o empate ó marcador.

O cansanzo facíase latente nos nosos xogadores, o partido de Puebla estaba pasando factura, tamén a ausencia de pezas clave. Entraran nesta segunda parte Toño, Joaquín, Emilio e entraría Yuli de dianteiro nesta prórroga antes os numerosos calambres de Kasillas.

Unha boa presión de este último cambio propicio o roubo cerquiña da área, e nunha xogada maxistral de Lepe, zafandose dun contrario e batindo ó gardameta cun tiro cruzado co exterior. Outra vez parecía sentenciada a eliminatoria. Pero outra vez subiu ó central a tarefas ofensivas, e nun balón longo, unha prolongación e entrada de segunda liña (moi parecida á expulsión de Abidal) a xogada máis mítica e fácil de facer. Control dentro da área e nin Lepe nin Iván poden facer nada para evitar o gol.

O partido ía máis alá, e chegaba ós penaltis. Estes ía amosar todo o que fora o partido: un despropósito total e absoluto. Xa nin recordo cantos penaltis se fallaron, pero o rival tivo a ocasión de gañar duas veces, pero votou fora os tres últimos e o Taragoña pasou de ronda.

Ánimo e chegar o máis lonxe posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario