LAVACOLLA 0 - 0 TARAGOÑA
Saltou o Taragoña ó campo co seguinte once inicial:
Iván na portería (ante a lesión de Yuli), Carro, Penka e Manel de centrales e teaio e Lepe nos laterales. O medio campo quedou encargado para Morrillo, Valentin e Ramón. Arriba a maior novidade (Ita) e o de sempre (kasillas).
Destacaba no banquillo a presencia de chakar (votouse de menos no control do medio campo) e a volta á convocatoria de Toño ante a ausencia na anterior (despois de ser titular).
Esta vez non foi o árbitro nin nada parecido...o partido foi malo, dos peores que vin fai moito tempo. Volveu o equipo o esquema de 5 defensas e so tres medios campistas nun campo que é moi ancho. Está claro que cando se xoga con 4 defensas faise con laterales pouco ofensivos (Carro e Tembra)e cando se xoga con 5 faise con laterales moito máis ofensivos(Teaio e Lepe).
Esto non influiría moito no xogo do equipo se o mesmo fóra capaz de aguantar o balón arriba ata a incorporación dos laterales, esto é moi dificil con pouca xente en medio campo que axuden e den apoios os dianteiros para que den o balón de cara e os laterales tardan en chegar arriba. Esta situación agudizouse nun campo tan ancho. E así foi case imposible crear unha soa ocasión de gol en todo o partido.
E o peor do partido non foi so a mala imaxe, tamén nos deixa unha perdida por sanción para o vindeiro encontro, e non é unha perdida calquera.É a do noso máximo goleador. Tamén habrá outras ausencias destacadas como as do capitán e Pedro en defensa (as que se une Carro por non ir entrenar en toda a semá) deixando a parte de atrás do equipo orfa de titulares.
Perdón por non poñer a crónica antes pero non tiven tempo que estiven nun curso en Madrid e as tardes-noites eran moi ociosas jeje.
Saúdos.
bueno facer unha pequena defensa do noso equipo e decir que cando imos a santiago non salimos a empatar xa que nos salimos sempre a ganar.Sabemos que e complicado xogar ali sobre todo polo factor arbitral(sufrido reiteradas veces).Desta vez non foi asi pero tampouco foi que fixeranos un pertido tan malo, o equipo tuvo momentos moi vos nos que tocaba e chegaba con claridade dominado o partido e sen que o euipo rival lle creara excesivos apuros salvo nos ultimos momentos do partido donde o equipo xa estaba roto,pero faltounos o de sempre definir
ResponderEliminarCreo que eses momentos de chegadas claras so os vistes ti, porque o equipo so tivo dúas ocasións, a de ita que puxen o video e outra de kasillas.Nada máis.
ResponderEliminarEsta claro que tampouco se pasaron apuros, pero e que o rival so se dedicou a defender e a perder tempo contra o final do partido porque lle valía o empate.
Se queremos aspirar a algo máis arriba hai que pensar en facer algo máis que non pasar apuros.
E o que faltou non foi definición, senon claridade no medio campo para crear ocasións. se non se teñen ocasións dificilmente se vai definir nada.
Zepelin, o blog está quedando ben e non pasa nada porque te atrases en facer algunha publicación.
ResponderEliminarCon respeto ó de Santiago, non se vai predeterminado para arrancar empates, porque podemos ganar alí, pero ás veces á cousas non saen. Neste partido estuvemos moi espesos, porque deberiamos estar máis tranquilos para tocar o balón, nun campo amplio como hoxe deberiamos intentar levalo dun lado a outro, e non se fixo, senon que za queriamos chegar arriba sin máis e marcar.
esta ben milu eso de ser mais ambiciosos e aspirar o mais arribla posible eu creo que todos pensamos igual,pero as cousas fanse pouco a pouco e o 1º obxetivo era manterse couxa loxica ou xa nos olvidamos desa pretemporada nefasta que fixemoas e polo que todo o mundo incluido ti nos daban por equipo case descendido, pois ben fomos pouco a pouco e ese escollo esta o noso alcance e non so iso senon que ahora tamos luchando por quedar no grupiño de cabeza(xa que nestes momentos a liga e casi inalcanzable).
ResponderEliminarCreo que despois dos dez primeiros encontros (por poñer unha cifra) xa se vía que non íades descender.É moi bonito eso de decir que hai que ir pouco a pouco (quedouche moi televisivo) pero o de evitar o descenso quedou xa un pouco lonxano para seguir pensando neso ¿non?.
ResponderEliminarE, por certo, do que dis de ambición e ir pouco a pouco a que a tocarades ben e chegarades con claridade neste partido...vai un abismo. un partido moi diferente tivestes que ver ti.