sábado, 21 de febrero de 2009

EMPATE A NADA

Hola compañeiros:

LAVACOLLA 0 - 0 TARAGOÑA

Chegaron os xogadores a Santiago, nunha tarde soleada, xa co partido case perdido , sego sen comprender porque se vai a Santiago con ese pensamento xa premeditado de que o máximo que podemos sacar é un empate. Nunca me gustou esa actitude pero vese visita tras visita a Compostela.

Saltou o Taragoña ó campo co seguinte once inicial:

Iván na portería (ante a lesión de Yuli), Carro, Penka e Manel de centrales e teaio e Lepe nos laterales. O medio campo quedou encargado para Morrillo, Valentin e Ramón. Arriba a maior novidade (Ita) e o de sempre (kasillas).




Destacaba no banquillo a presencia de chakar (votouse de menos no control do medio campo) e a volta á convocatoria de Toño ante a ausencia na anterior (despois de ser titular).

Esta vez non foi o árbitro nin nada parecido...o partido foi malo, dos peores que vin fai moito tempo. Volveu o equipo o esquema de 5 defensas e so tres medios campistas nun campo que é moi ancho. Está claro que cando se xoga con 4 defensas faise con laterales pouco ofensivos (Carro e Tembra)e cando se xoga con 5 faise con laterales moito máis ofensivos(Teaio e Lepe).

Esto non influiría moito no xogo do equipo se o mesmo fóra capaz de aguantar o balón arriba ata a incorporación dos laterales, esto é moi dificil con pouca xente en medio campo que axuden e den apoios os dianteiros para que den o balón de cara e os laterales tardan en chegar arriba. Esta situación agudizouse nun campo tan ancho. E así foi case imposible crear unha soa ocasión de gol en todo o partido.





E o peor do partido non foi so a mala imaxe, tamén nos deixa unha perdida por sanción para o vindeiro encontro, e non é unha perdida calquera.É a do noso máximo goleador. Tamén habrá outras ausencias destacadas como as do capitán e Pedro en defensa (as que se une Carro por non ir entrenar en toda a semá) deixando a parte de atrás do equipo orfa de titulares.


Perdón por non poñer a crónica antes pero non tiven tempo que estiven nun curso en Madrid e as tardes-noites eran moi ociosas jeje.

Saúdos.

5 comentarios:

  1. bueno facer unha pequena defensa do noso equipo e decir que cando imos a santiago non salimos a empatar xa que nos salimos sempre a ganar.Sabemos que e complicado xogar ali sobre todo polo factor arbitral(sufrido reiteradas veces).Desta vez non foi asi pero tampouco foi que fixeranos un pertido tan malo, o equipo tuvo momentos moi vos nos que tocaba e chegaba con claridade dominado o partido e sen que o euipo rival lle creara excesivos apuros salvo nos ultimos momentos do partido donde o equipo xa estaba roto,pero faltounos o de sempre definir

    ResponderEliminar
  2. Creo que eses momentos de chegadas claras so os vistes ti, porque o equipo so tivo dúas ocasións, a de ita que puxen o video e outra de kasillas.Nada máis.

    Esta claro que tampouco se pasaron apuros, pero e que o rival so se dedicou a defender e a perder tempo contra o final do partido porque lle valía o empate.

    Se queremos aspirar a algo máis arriba hai que pensar en facer algo máis que non pasar apuros.

    E o que faltou non foi definición, senon claridade no medio campo para crear ocasións. se non se teñen ocasións dificilmente se vai definir nada.

    ResponderEliminar
  3. Zepelin, o blog está quedando ben e non pasa nada porque te atrases en facer algunha publicación.
    Con respeto ó de Santiago, non se vai predeterminado para arrancar empates, porque podemos ganar alí, pero ás veces á cousas non saen. Neste partido estuvemos moi espesos, porque deberiamos estar máis tranquilos para tocar o balón, nun campo amplio como hoxe deberiamos intentar levalo dun lado a outro, e non se fixo, senon que za queriamos chegar arriba sin máis e marcar.

    ResponderEliminar
  4. esta ben milu eso de ser mais ambiciosos e aspirar o mais arribla posible eu creo que todos pensamos igual,pero as cousas fanse pouco a pouco e o 1º obxetivo era manterse couxa loxica ou xa nos olvidamos desa pretemporada nefasta que fixemoas e polo que todo o mundo incluido ti nos daban por equipo case descendido, pois ben fomos pouco a pouco e ese escollo esta o noso alcance e non so iso senon que ahora tamos luchando por quedar no grupiño de cabeza(xa que nestes momentos a liga e casi inalcanzable).

    ResponderEliminar
  5. Creo que despois dos dez primeiros encontros (por poñer unha cifra) xa se vía que non íades descender.É moi bonito eso de decir que hai que ir pouco a pouco (quedouche moi televisivo) pero o de evitar o descenso quedou xa un pouco lonxano para seguir pensando neso ¿non?.

    E, por certo, do que dis de ambición e ir pouco a pouco a que a tocarades ben e chegarades con claridade neste partido...vai un abismo. un partido moi diferente tivestes que ver ti.

    ResponderEliminar