Saltou ó campo o Taragoña co seguinte ofensivo once inicial: Iván na porteria (outra das novidades), cunha defensa de catro formada por Tembra na esquerda, Carro na dereita e Pedro e Penka como centrais. Os encargados de controlar o partido na medular foron a parexa de Imo Chakar e Valentín (partidazo) apoiados por Lepe e o citado Toño nas bandas. Arriba os encargados de poñer os goles foron Moncho e Kasillas.
O partido empezou con moito mediocampismo e sen grandes ocasións, ainda que xa se empezaba a ver que a defensa do Zona Vella ia ser un amigo para os nosos intereses. E nin máis nin menos, nun centro pola dereita o defensa intenta controlar na área pequena regalandolle o balón a Lepe que nunha boa maniobra, e ca perna dereita, materializou o primeiro tanto do Taragoña.
Así chegamos ó descanso do partido, sen maiores incidencias. Na segunda metade entraron no terreo de xogo: Manel, Canarias, Joaquin e Morrillo (Yuli gardouse da choiva).
Nesta segunda metade, as carencias do equipo contrario fixéronse máis palpables todavía e ca velocidade de Canarias e Kasillas crearonse continuos ataques e contraataques cos que o taragoña goleou ó Zona Vella.
A defensa non pasou ningun apuro e o control do balón foi total, Iván pasou inadvertido.
Fruto desta superioridade chegaron os goles de Lepe rememorando a Messi (vai sacrilexio acabo de escribir) nunha xogada embarullada dentro da area zafandose de varios contrarios e batindo de novo ca dereita o cancerbeiro visitante.
Pero o balón firmado polos compañeiros non ía ser para Lepe, senon para kasillas. Quen con outros dous chicharros converteuse no principal protagonista do encontro.
Asi rematou o partido, cunha victoria que permite seguir sendo cuartos na clasificación, algo afastados dos equipos punteiros da categoria.
Saudos dende Lustres.