sábado, 14 de marzo de 2009

"Joder, outro empate"

Hola compañeiros:

Esta foi a frase dun siareiro que estaba situado detrás miña na grada cando ía rematar o encontro na Lomba, este Domingo si cunha entrada que dan gañas de volver a sentirse xogador (non é que fose unha maravilla, pero ó que estamos acostumados....).

Cheguei un pouco tarde o campo, pero a tempo para ver entre a porta do fondo Sur como un balón tirado, como non, polo xogador que máis perigo crea no noso equipo ( kasillas) se estreaba no pau da porteria defendida polo Escravitude. Quen me ía a decir a min que sería o máis destacado que ía a ver en toda a tarde...



Votei un vistazo o campo e vin que defendia a nosa portería Yuli (está nun gran estado de forma), como axudantes en defensa estaban Carro e Tembra nos laterais (habituais con defensa de catro) e Pedro e Penca como centrais.



A medular quedou este Domingo cuberta por Morrillo e Valentin no centro e con Lepe e Teaio nos interiores.

Adiante os de sempre Moncho e kasillas.

Despois da ocasión inicial (houbo outra de Penca de cabeza ó pau tamén que eu non cheguei a ver) o partido convirteuse nun toma e daca de patadas e balonazos sen sentido bastante desagradable para o espectador (sinto a quen poida molestar, pero foi así...recordo unha xogada de oito cabezazos seguidos como se fose un partido de tenis donde o balón non tocaba o chán moito tempo)



Ante a ausencia de fútbol, cobrou protagonismo o que nunca debería ser protagonista, o arbitro. Creo que non vín nunca un arbitro tan malo como este, non e que viñera a roubar a un equipo, e que o pobre non sabía máis. Un cumulo de despropósitos que acabou con dous expulsados, Lepe pola banda local (xusta expulsión senón fose pola falta de criterio uns minutos antes ó non expulsar a un visitante por unha man clara alegando que non ía deixar ó equipo con dez por iso) e despois o anteriormente mencionado visitante por unha falta (librouse antes pero de esta era moi descarado o agravio comparativo).

Os cambios introducidos na segunda metade, non lograron cambiar o signo do partido.




Non encontro nada máis salientable que comentar, so que perdemos para o partido deste Domingo a Lepe, Teaio e Valentín...todos eles por sanción. Será un partido duro contra o Cordeiro.

Sorte compañeiros. Saúdos dende Lustres. Non vos olvidedes de pasar polo foro e participar
http://patapunpariba.foroactivo.net/forum.htm

Unha aperta especial a meu tio este donde este.

3 comentarios:

  1. Si tou de acordo en que o partido foi mo duro e con bastantes faltas pero creo que eso e a consecuencia da intensidade defensiva dos dous equipos. O escravitude e un equipo mo duro dificil de facerlle un gol e que che presiona a saida do balon constantemente,parecido o que intentamos facer nos. Entonces e mo complicado facer ocasions nuha porteria ou outra. De todos modos non todolos partidos envias dous balons aos paos. Con esto quero dicir que non e que saiamos a empatar nin moto menos pero unhas veces pola falta de punteria(son un dos mallores culpables neste aspecto) outras porque o contrario simplemente foi mellor,ou tamém porque non sabemos máis. O caso e que levamos cinco empates segidos e en todolos partidos que oubo goles empezamos gañando pero non sei por que damos un pequeno baixon e empatamnos. De todas formas vexo o equipo mo ben e creo que podemos quedar ai arriba

    ResponderEliminar
  2. A ver si aprendes a rexistrarte no foro dunha vez.....eu tamen vexo ben ó equipo, so falta un pouco de sorte. Ainda que este Domingo o xogo foi malo

    ResponderEliminar
  3. Totalmente de acordo con vos, esta semana o unico que podemos e agradecer a xente que aguantou os 90minutos a ver o partido(e loxico que despois o campo estea vacio porque visto o domingo), porque foi un suplicio, o balon andaba unha e outra vez polo aire e rara vez tocaba o suelo, eu non recordo eta temporada un partido tan malo, ahora si como non nada mais empezar tubemos as nosas ocasions pero tamen como case sempre desperdiciamolas e nos eso si que non podemos porque o acabamos pagando,asi que nada o de sempre e como diria a voz de galicia(a cal cada dia lle teño menos aprecio)outro partido no que os de Joaquin Miguens xogaron un partido tactico e moi trabado e moi pouco vistoso.

    ResponderEliminar