lunes, 23 de marzo de 2009

E chegaron os 3 puntos...

Taragoña 2-1 Velacruz

Era unha tarde soleada na lomba, nunha semá intensa para o clube con dous partidos (Xoves e Domingo) e despois dunha xeira longa de resultados negativos. Asi que saltou o equipo ó campo con gañas de facelo ben.

O once de partida foi o seguinte:

Yuli debaixo dos paús, unha defensa de catro homes con laterais mixtos, Carro e Lepe (defensivo e ofensivo) e os dous centrais habituais, Pedro e Penka. Morrillo para o medio centro defensivo, despois unha liña de tres con Valentín a esquerda, teaio á dereita e David no medio. Un media punta coma Ramón e o noso dianteiro máis incisivo, kasillas.

Empezou ben o encontro con varias ocasións nas botas do noso dianteiro, donde se veu que a sorte non o ía acompañar en toda a tarde (tranquilo Berto, han de acabar entrando. Ti segue así). Ata que unha boa xogada pola dereita, cun gran pase de Ramón á espalda da defensa foi aprobeitado por Teaio nunha boa acción individual para poñer ó equipo por diante no marcador dun tiro cruzado.

As ocasións seguironse sucedendo e Kasillas pudonos dar maior vantaxe nun par de ocasións, unha adentrandose na área despois de gañarlle ben as costas ó central e tirando alto dende o pico daarea pequena e outra nun remate acrobatico que non foi capaz de dirixir cara á portería.

Pero o que son os caprichos do fútbol, nunha falta inexistente, os nosos xogadores durmense e o rival aprobeita para sacar rápido, adentrandose na área e batindo de tiro raso cruzado a Yuli que non puido facer nada para evitar o tanto do empate.

Seguiron as malas noticias nesta primeira parte cando o noso capitán tivo que ser sustituido por un pinchazo na ingle, entrou no campo Ita.

Destacar desta metade do encontro o bo partido na media punta de Ramón.

Había caras longas no descanso e alguns reproches para o árbitro, pero as palabras do mister foron de ánimo para seguir traballando igual.

E así fixeron os xogadores, o guión foi exactamente igual que na primeira metade. O Taragoña creando e creando ocasións (malgastandoas todas) e o Velacruz sen ver a porteria contraria nin de cerca.

A segunda parte sirveu para ver como recuperamos para esto do futbol a Ita, que destacou notablemente con un par de internadas por banda esquerda servindo o balón para que rematará Berto, unha vez ó paú e outra repelida polo porteiro. Tamén fixo un gran traballo aguantando o balón de espaldas e tocando de cara, así vironse un par de bonitas xogadas.

Tanto foi o cantaro á fonte que acabou rompendo, non foi da forma máis preciosista (nun rechace dun tiro dende a frontal), pero sirveu para que Ramón nos dera os tres puntos tan ansiados.

Ainda houbo tempo para que kasillas e Tembra erraran un par de ocasións moi claras.

Non quixera deixar de salientar a gran labor da nosa defensa neste partido, donde cunha liña de catro e ante uns moi bos dianteiros anularon totalmente calquer ocasión de perigo. So o lunar da falta de concentración no saque da falta do gol contrario.

PD: quedoume a cámara na casa, asi que esta semá non temos reportaxe gráfico. Acordádevos de pasar polo foro, que tivo algún que outro cambio gráfico, e deixar a vosa opinión.

Saúdos dende Lustres.

2 comentarios:

  1. Penso que neste partido fomos superiores ó rival e que a nosa falta de acerto cara a portería supuxo que o marcador non fora máis amplo. Fixemos un partido bo, tanto ofensivo (intentamos xogar o balón e creamos seis - sete oprtunidadeds de gol) como defensivo (só crearon dúas ocasións de gol).
    Con esto por fin chegou unha victoria, que nos dou tres puntos máis, que ben que nos fixo, levabamos esperando por ela algún tempo.

    ResponderEliminar
  2. Si por fin chegou a victoria,xa sei que an de acabar entrando pero mentres no no faga...... o encontro gañamolo e por iso non pasa na pero se en vez de gañar volvemos empatar,so digo que se podian ter moitos mais puntos dos que temos se aprobeitasemos mellor as ocasions,pero bueno esto e segunda rexional non,pero jode igualmente.
    En canto o partido creo que fomos moi superiores en todo o partido,fallando incontables ocasions de gol(moi claras), puxemonos por diante, pero nun fallo defensivo(o unico en todo o encontro) encaixamos o gol en contra e hai empezaron os nervios o ver estragadas tantas ocasions de gol. Pero o final tivemos a sorte de que Ramon pescara un balon solto dentro da area e a enchufara. Creo que o equipo estivo moi ben tanto en defensa como en ataque(a pesar de fallar como unha escopeta de feria).
    Este e o camiño a segir, intentalo intentalo e volvelo a intentar,e se non sae pois nada cabeza arriba e a segir.
    Coidado co proximo desprazamento a Agron,partido mo duro que nos pode meter outra vez hai arriba.

    ResponderEliminar