Hola compañeiros:
Outra tarde de fútbol máis na Lomba, e outra tarde na que os siareiros se van un pouco decepcionados. O equipo segue perdendo oportunidades de arrimarse os equipos punteiros da categoría e quizais empece xa a instalarse na mente dos xogadores a famosa idea do conformismo vendo que a tempada está salvada e a moi remota posibilidade de chegar a facer algo grande.
O once de circunstancias que saltou o campo foi:
Iván na porteria por segundo partido consecutivo, e unha defensa de catro formada por Teaio e Tembra nos laterais e Pedro(mal dado de baixa por min) e Manel como centrais. Xogouse esta vez cun so dianteiro (Ita) e cinco mediocampistas con Ramón un pouco libre, con Lepe e Canarias (que voltaba despois da lesión) nas bandas e Valentín e Chakar no centro.
Como non fun ver o partido, so podo comentar que o gol foi precedido dun córner votado por Teaio e rematado de cabeza por Ramón (si, lestedes ben) ó fondo das maias. O empate tamén veu a balón parado contra o final do partido nun erro defensivo.
Espero que poidades comentar algo máis do encontro.
Saúdos dende Lustres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O de ramón foi por que fora de cabeza non porque marcase un gol que o lin agora e sonaba mal jeje
ResponderEliminarPois podía ser tranquilamente porque marcase 1 gol que non e o meu fuerte (nunca o foi). E penso que de cabeza non vou tan mal, outra cousa é que o meu rol nos córners sexa de bloqueador para facilitar que Penka(normalmente) cheje a 2ª pau sen nadie que lle estorbe, o que pasa e que o rival do domingo o Lesende observei que marcaba os córners en zona con todos os xojadores así que no sejundo que tivemos decidín que non pintaba nada bloqueando así que arranquei a primeiro pau entre o xojador que cubria esta zona e o porteiro, ca sorte de que a Teaio lle saiu o saque pa alí( non creo que fose querendo porque non o tiñamos previsto) e anticipeime ó porteiro. Pero bueno o final non nos serviu de moito porque nos consejiron empatar, outra vez será.
ResponderEliminarSobre o que se pode comentar do partido, poca cousa, hai que empezar comentando os condicionantes do partido, onde destacan os carnavales que xunto co feito de que os partidos son o domingo son dous factores limitantes do rendemento dos deportistas (o adestramento invisible do que falaba Miguéns), pero bueno hai que ter en conta onde estamos e tampouco se lle pode esixir a na die nada nese sentido. Pois tendo en conta esto hai que dicir que o estado do plantel era malo en xeral, o cal non é unha excusa que para eles tamen era domingo e carnavales. Así hai que dicir que foi un partido malo onde eles se puideron adiantar na primeira parte xa que fallaron un penalti, que cometeu Lepe aljo inocente pero penalti. tamén crearon aljo de perigo en blóns parados, tanto corners como faltas laterais, xa que tiñan bos sacadores que conseguian poñer a pelota en zonas conflictivas e incorporaban ó remate ós dous centrais que por corpulencia ( estaban jordechos) non por altura eran dificiles de marcar. Pola nosa parte non non houbo moitas cousas destacables aljunha vez chejamos pero non foi a nosa mellor primeira parte, inda así chejamos ó descanso 1 a 0. tralo descanso cambiamos a 3 centrales,o pero o partido non cambiou moito. os aspectos destacables da sejunda parte foron un golpe que levou Teaio na cara que lle inchou no momento a de estar juapo, un despexe de Valentín que sorprendeu ó noso porteiro e petou no longueiro, e o gol deles, a balón parado, que Morrillo insite que foi falta do rematador que se votou enriba del.
E nada máis a outro partido, que veñennos agora partidos interesantes de xojar contra Abanqueiro e Exclvitude que nos preceden na clasificación, e non que teremos que esforzarnos bastante máis se queremos sacalos adiante.
Un saúdo a todos
Como vexo que Ramón pide protagonismo, tá claro que se mete os goles de córner (que non lle achino a un cabazo) cambiamos os roles, bloqueo eu para el se ningún problema
ResponderEliminarI'm not sure why but this site is loading incredibly slow for me. Is anyone else having this problem or is it a issue on my end? I'll check back later and see if the problem
ResponderEliminarstill exists.
Take a look at my web page Zahngold Verkaufen