lunes, 30 de marzo de 2009

ORXÍA DE GOLES

Hola compañeiros:

Deixovos a crónica que deixou Lepe no foro :

Tranquilamente podíase tratar dun partido de fútbol sala máis ca de fútbol porque, que se de un resultado de 4-5 nun partido de futbol, é algo anecdótico, pero eso foi o que aconteceu onte en Agrón donde o noso equipo, que salía da caseta con este once:

Na portería Iván(intentando asi aproveitar o seu saque nun campo de tan pequenas dimensions)cunha defensa de catro que se empeza a convertir en habitual Carro e Lepe nos laterais e Pedro e Morrillo (este pola lesion de penka) como centrais cun mediocentro como Valentín acompañado nas bandas por Teaio(gran partido e van uns poucos) e Ramón. Nas medias puntas Kasillas e Joaquin (outra novidade) , arriba un sorprendente Ita que fixo un gran partido(a ver se segue asi e non volve as andadas).

O partido foi o que se esperaba un partido de segundas xogadas, e no que salimos moi metidos xa que nos primeiros 15 minutos ibamos 2-0(goles en propia nunha gran xogada colectiva, e outro de falta de Teaio) pero neste campo cada balón é un peligro, e así foi, dúas xogadas e dous goles, e a volver a empezar. Ata que conseguimos poñernos outra vez por diante en dúas xogadas nas que marcarían kasillas (despois dunha gran acción de ita) e posteriormente Ita.

Pero non se acabaría ahí a cousa xa que eles volverían a apretar o partido de lanzamento de falta, lonxe de rendirnos golpeamos outra vez por medio de Kasillas matando o partido, un Kasillas que estaba de cumpleanos e celebrouno con dous chicharros.

O Agrón insisteu ata conseguir o cuarto pero ata ahí chegaría a sua remontada xa que non houbo tempo para máis, así que nada, tres puntos máis, dúas victorias consecutivas e a seguir.


Saúdos dende Lustres


CRÓNICA OFICIAL

Agrón y Taragoña protagonizaron el encuentro más productivo de la jornada. En total se materializaron nueve tantos: cuatro los propietarios del campo y cinco los taragoñeses. Alberto (min 10) y Teayo, de falta (min 15), pusieron el 0-2.Los locales recortaron la distancia antes del recreo (min 35) y nivelaron después de regresar de la caseta (min 55). Ita materializó el 2-3 en un contragolpe y Alberto colocó el 2-4 (min 70). Tras el 3-4 (min 75), Alberto anotó el 3-5 y en el descuento los anfitriones cerraron el marcador (4-5).

jueves, 26 de marzo de 2009

Crónica oficial

Esto é o que puxo A Voz de Galicia sobre o noso partido esta semá:

El Taragoña ganó al Velacruz (2-1) en A Lomba, delante de ochenta personas. El cuadro local malgastó numerosas oportunidades, la más destacada un remate al poste de Alberto. Teayo abrió el marcador (min 15) y empataron los visitantes al filo del intermedio (min 40). Ramón selló el 2-1 a los 65.



Saúdos.

lunes, 23 de marzo de 2009

E chegaron os 3 puntos...

Taragoña 2-1 Velacruz

Era unha tarde soleada na lomba, nunha semá intensa para o clube con dous partidos (Xoves e Domingo) e despois dunha xeira longa de resultados negativos. Asi que saltou o equipo ó campo con gañas de facelo ben.

O once de partida foi o seguinte:

Yuli debaixo dos paús, unha defensa de catro homes con laterais mixtos, Carro e Lepe (defensivo e ofensivo) e os dous centrais habituais, Pedro e Penka. Morrillo para o medio centro defensivo, despois unha liña de tres con Valentín a esquerda, teaio á dereita e David no medio. Un media punta coma Ramón e o noso dianteiro máis incisivo, kasillas.

Empezou ben o encontro con varias ocasións nas botas do noso dianteiro, donde se veu que a sorte non o ía acompañar en toda a tarde (tranquilo Berto, han de acabar entrando. Ti segue así). Ata que unha boa xogada pola dereita, cun gran pase de Ramón á espalda da defensa foi aprobeitado por Teaio nunha boa acción individual para poñer ó equipo por diante no marcador dun tiro cruzado.

As ocasións seguironse sucedendo e Kasillas pudonos dar maior vantaxe nun par de ocasións, unha adentrandose na área despois de gañarlle ben as costas ó central e tirando alto dende o pico daarea pequena e outra nun remate acrobatico que non foi capaz de dirixir cara á portería.

Pero o que son os caprichos do fútbol, nunha falta inexistente, os nosos xogadores durmense e o rival aprobeita para sacar rápido, adentrandose na área e batindo de tiro raso cruzado a Yuli que non puido facer nada para evitar o tanto do empate.

Seguiron as malas noticias nesta primeira parte cando o noso capitán tivo que ser sustituido por un pinchazo na ingle, entrou no campo Ita.

Destacar desta metade do encontro o bo partido na media punta de Ramón.

Había caras longas no descanso e alguns reproches para o árbitro, pero as palabras do mister foron de ánimo para seguir traballando igual.

E así fixeron os xogadores, o guión foi exactamente igual que na primeira metade. O Taragoña creando e creando ocasións (malgastandoas todas) e o Velacruz sen ver a porteria contraria nin de cerca.

A segunda parte sirveu para ver como recuperamos para esto do futbol a Ita, que destacou notablemente con un par de internadas por banda esquerda servindo o balón para que rematará Berto, unha vez ó paú e outra repelida polo porteiro. Tamén fixo un gran traballo aguantando o balón de espaldas e tocando de cara, así vironse un par de bonitas xogadas.

Tanto foi o cantaro á fonte que acabou rompendo, non foi da forma máis preciosista (nun rechace dun tiro dende a frontal), pero sirveu para que Ramón nos dera os tres puntos tan ansiados.

Ainda houbo tempo para que kasillas e Tembra erraran un par de ocasións moi claras.

Non quixera deixar de salientar a gran labor da nosa defensa neste partido, donde cunha liña de catro e ante uns moi bos dianteiros anularon totalmente calquer ocasión de perigo. So o lunar da falta de concentración no saque da falta do gol contrario.

PD: quedoume a cámara na casa, asi que esta semá non temos reportaxe gráfico. Acordádevos de pasar polo foro, que tivo algún que outro cambio gráfico, e deixar a vosa opinión.

Saúdos dende Lustres.

viernes, 20 de marzo de 2009

VOLVEN OS EMPATES

hola:

Porto do Son 0-0 Taragoña

Neste día do pai (saúdos panis) o taragoña desplazouse ata Porto do Son para disputar este partido aplazado polo "temporal".

Non estiven presente no partido, so podo decir que o equipo puido traerse un resultado mellor de non interpoñerse os paus, por tres veces, no camiño do balón cara o gol. Esos 20 minutos bos do equipo reportaron esas ocasións, pero despois voltou ó dos últimos encontros.

Outra vez a convocatoria quedouse en 15 xogadores, e dous deles non entraron a participar nin un so minuto, a parte de Iván...¿replesarias polo 5-0?

Por sacar algo positivo do partido (aparte do punto acadado), diremos que polo menos os xogadores borraron a mala imaxe da semá pasada e volveuse quedar a portería a cero, espero que esto lle sirva para gañara confianza e voltar pola senda da victoria, que xa vai tocando darlle unha alegria ós afeccionados.


Domingo volvemos xogar na Lomba, despois de dous partidos fora, contra o Velacruz. O partido debía servir para reencontrarse ca victoria e cas boas sensacións.

PD: dende aqui, animo á nosa aficción a participar neste blog e no foro, xa que eles son os que disfrutan, e a veces sofren, os partidos do noso equipo.

Saúdos dende Lustres.

miércoles, 18 de marzo de 2009

Crónica oficial

Hola compañeiros:

Deixovos a crónica da Voz de Galicia:

Un manita encajó un descentrado Taragoña en Valga frente a un Cordeiro que convirtió todo lo que lanzó entre los tres palos. La primera parte finalizó 2-0.

Saúdos.

lunes, 16 de marzo de 2009

Cordeiro 5-0 Taragoña

Hola compañeiros:

Esta semá contratei a Lepe de reporteiro e el trouxome este material, que posteou no foro
http://patapunpariba.foroactivo.net/cronicas-f1/cordeiro-5-0-taragona-15-03-2009-t16.htm
(non vos olvidar de pasar por ali que hai moitas cousas interesante):

Acabouse o empate ¿pero a que precio?
O partido de onte ante o Cordeiro saldouse cunha derrota abultada 5-0 o cal acaba ca nosa racha de empates( que ben nos viña que seguira unha semana mais). Nos saltamos de comenzo con este equipo na porteria Ivan,Toño e Tembra nos laterales tres centrales Pedro,Penka e Carro por diante nos mediocentros Chakar e Morrillo acompañados nas bandas por Kasillas e Ramon e arriba Ita.Os cambios Ita sobre os 20 minutos da primeira parte por Canarias, no descanso Manel por Chakar e posteriormente entrarian tamen David por Pedro e Yuly por Toño.Salientar que solo foron 15 xogadores convocados debido as baixas.
O partido en todo momento foi dominado polo Cordeiro porque nos estubemos fora del en todo momento, debido sobre todo a que non fomos ese equipo ben posicionado sobre o campo, e agresivo que acostumbramos a ser, senon todo o contrario, fomos un equipo moi apatico e blando en todas as parcelas do campo, un claro exemplo e que nin realizamos faltas para paralos,en definitiva foi un deses partidos nos que nos entra a pajara a casi todos e dos que e mellor olvidarse canto antes asi que nada a pensar no proximo e a ganar que xa toca.

Un pouco soso, sen fotos nin nada, pero menos da a Voz de galicia asi que non vos queixedes.

Saúdos dende Lustres.

sábado, 14 de marzo de 2009

"Joder, outro empate"

Hola compañeiros:

Esta foi a frase dun siareiro que estaba situado detrás miña na grada cando ía rematar o encontro na Lomba, este Domingo si cunha entrada que dan gañas de volver a sentirse xogador (non é que fose unha maravilla, pero ó que estamos acostumados....).

Cheguei un pouco tarde o campo, pero a tempo para ver entre a porta do fondo Sur como un balón tirado, como non, polo xogador que máis perigo crea no noso equipo ( kasillas) se estreaba no pau da porteria defendida polo Escravitude. Quen me ía a decir a min que sería o máis destacado que ía a ver en toda a tarde...



Votei un vistazo o campo e vin que defendia a nosa portería Yuli (está nun gran estado de forma), como axudantes en defensa estaban Carro e Tembra nos laterais (habituais con defensa de catro) e Pedro e Penca como centrais.



A medular quedou este Domingo cuberta por Morrillo e Valentin no centro e con Lepe e Teaio nos interiores.

Adiante os de sempre Moncho e kasillas.

Despois da ocasión inicial (houbo outra de Penca de cabeza ó pau tamén que eu non cheguei a ver) o partido convirteuse nun toma e daca de patadas e balonazos sen sentido bastante desagradable para o espectador (sinto a quen poida molestar, pero foi así...recordo unha xogada de oito cabezazos seguidos como se fose un partido de tenis donde o balón non tocaba o chán moito tempo)



Ante a ausencia de fútbol, cobrou protagonismo o que nunca debería ser protagonista, o arbitro. Creo que non vín nunca un arbitro tan malo como este, non e que viñera a roubar a un equipo, e que o pobre non sabía máis. Un cumulo de despropósitos que acabou con dous expulsados, Lepe pola banda local (xusta expulsión senón fose pola falta de criterio uns minutos antes ó non expulsar a un visitante por unha man clara alegando que non ía deixar ó equipo con dez por iso) e despois o anteriormente mencionado visitante por unha falta (librouse antes pero de esta era moi descarado o agravio comparativo).

Os cambios introducidos na segunda metade, non lograron cambiar o signo do partido.




Non encontro nada máis salientable que comentar, so que perdemos para o partido deste Domingo a Lepe, Teaio e Valentín...todos eles por sanción. Será un partido duro contra o Cordeiro.

Sorte compañeiros. Saúdos dende Lustres. Non vos olvidedes de pasar polo foro e participar
http://patapunpariba.foroactivo.net/forum.htm

Unha aperta especial a meu tio este donde este.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Taragoña 0-0 Esclavitud

Hola compañeiros:

La Voz de Galicia comentou o seguinte sobre o partido:

Dos palos y dos expulsados

Taragoña y Escravitude empataron en A Lomba (0-0), con unos 75 espectadores. Alberto (min 15) y Penca (de cabeza) remataron a los palos para los anfitriones. Hubo dos expulsados: el local Lepe (min 75) y un visitante (min 85).

Mañán teredes versión propia.

jueves, 5 de marzo de 2009

AMPLIANDO HORIZONTES

Holas amigos:

Vendo que este blog esta bastante limitado e non dispoño das ferramentas necesarias para poder facer certas cousas que me apetecen, acabo de crear un foro para que poidades seguir espresando as vosas opinións sobre o C.C.D. Taragoña e moitas cousas máis...


Por eso emplazovos a que vos pasedes por este foro, vos rexistredes e participedes activamente para facer un foro atractivo e divertido.

Este é o novo foro, está en fase de creación ainda, pero para ir poñendo cousas xa nos vale:


http://patapunpariba.foroactivo.net/forum.htm



Por certo, este foro non quere decir que deixe de escribir neste blog que tantas controversias está creando.


Saúdos dende Lustres. Unha aperta especial para o noso entrenador e o noso compañeiro David nestes días difíciles.

miércoles, 4 de marzo de 2009

RESISTENSE OS 3 PUNTOS

hola amigos:

Parece que se resiste conseguir os 3 puntos dunha vez. Sumar de 1 en 1 é moi pouco nos tempos que corren. É verdade que esta vez o escenario non era o máis propicio para acadalos.

Abanqueiro-Taragoña (1-1)

Abanqueiro y Taragoña protagonizaron el otro derbi comarcal de esta jornada. También aquí hubo interpretaciones bien dispares de los entrenadores sobre el desarrollo del juego. El anfitrión dijo que su equipo mereció ganar con holgura. El taragoñés habló de intensidad y rivalidad y reivindicó un penalti sobre Alberto. Goles: 0-1, min 55: Alberto, en un contragolpe (los locales pidieron fuera de juego); 1-1, min 85: Vecho. Fue expulsado el visitante Ita (min 60). Unas cien personas en A Charca.



Ahí vos deixo o que comentou A Voz de Galicia sobre o partido. Espero comentarios.


Saudos dende Lustres.