Hola compañeiros:
LAVACOLLA 0 - 0 TARAGOÑA

Chegaron os xogadores a Santiago, nunha tarde soleada, xa co partido case perdido , sego sen comprender porque se vai a Santiago con ese pensamento xa premeditado de que o máximo que podemos sacar é un empate. Nunca me gustou esa actitude pero vese visita tras visita a Compostela.
Saltou o Taragoña ó campo co seguinte once inicial:
Iván na portería (ante a lesión de Yuli), Carro, Penka e Manel de centrales e teaio e Lepe nos laterales. O medio campo quedou encargado para Morrillo, Valentin e Ramón. Arriba a maior novidade (Ita) e o de sempre (kasillas).
Destacaba no banquillo a presencia de chakar (votouse de menos no control do medio campo) e a volta á convocatoria de Toño ante a ausencia na anterior (despois de ser titular).

Esta vez non foi o árbitro nin nada parecido...o partido foi malo, dos peores que vin fai moito tempo. Volveu o equipo o esquema de 5 defensas e so tres medios campistas nun campo que é moi ancho. Está claro que cando se xoga con 4 defensas faise con laterales pouco ofensivos (Carro e Tembra)e cando se xoga con 5 faise con laterales moito máis ofensivos(Teaio e Lepe).
Esto non influiría moito no xogo do equipo se o mesmo fóra capaz de aguantar o balón arriba ata a incorporación dos laterales, esto é moi dificil con pouca xente en medio campo que axuden e den apoios os dianteiros para que den o balón de cara e os laterales tardan en chegar arriba. Esta situación agudizouse nun campo tan ancho. E así foi case imposible crear unha soa ocasión de gol en todo o partido.
E o peor do partido non foi so a mala imaxe, tamén nos deixa unha perdida por sanción para o vindeiro encontro, e non é unha perdida calquera.É a do noso máximo goleador. Tamén habrá outras ausencias destacadas como as do capitán e Pedro en defensa (as que se une Carro por non ir entrenar en toda a semá) deixando a parte de atrás do equipo orfa de titulares.

Perdón por non poñer a crónica antes pero non tiven tempo que estiven nun curso en Madrid e as tardes-noites eran moi ociosas jeje.
Saúdos.